Traballando nos blogs en websdinámicas. Introducción


Documentación sobre os blogs e o seu funcionamento en Drupal


Licencia Creative Commons

Traballando nos blogs en websdinámicas. Introducción por websdinamicas en colaboración con CEIP Francisco Vales Villamarín se encuentra bajo una Licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España.

Basada en una obra en www.edu.xunta.es.

4. Acceso á web do centro

Para acceder á unha web creada con Drupal debemos coñecer varios datos:

  1. O primerio sería coñecer o enderezo web ou URL(Uniform Resource Locator: localizador uniforme de recursos), da páxina web do centro ao que queremos acceder.

    Unha vez coñecido o enderezo, xa podemos visitar e ver o que nesa páxina esté exposto.

  2. Pero para poder participar activamente da páxina, creando contidos tamén nela, deberemos de coñecer os datos de acceso que son:

O enderezo web dun centro educativo podémolo obter de moitos xeitos: a través dun amigo, a través do buscador de centros da Consellería de Educación e O.U. (http://www.edu.xunta.es), ou incluso a través dun buscador web como Google.

Pero para contar cunha conta de usuario debemos entrar en contacto coa persoa ou persoas que sexan os administradores do sitio web.

No caso dos centros educativos de Galicia, o administrador do espazo web serán varios profesores do centro (é fundamental que sexan máis dun).

Noutros espazos Drupal é posible que solicitemos a creación dunha conta de usuario a través dun formulario web, sin coñecer ao administrador do espazo.

Unha vez que o administrador do espazo nos facilite os datos da nosa conta de usuario (nome de usuario e contrasinal) xa podemos acceder á web como un usuario autenticado e daquela xa podemos crear contidos nese espazo web.

Tamén sería posible que calquera persoa (anónimo) puidese entrar a crear e publicar contidos nun espazo web, aínda que esta opción é pouco recomendable, sobre todo para un centro educativo. Desde o proxecto Webs dinámicas desaconsellamos rotundamente esta práctica xa que iso poría en perigo a seguridade da web que podería ser víxtima de programas de spam e de usos malintencionados.

En calquera caso sería decisión do/s administrador/es do espazo e, no caso dos centros educativos, da decisión do director ou directora do centro, por ser o responsable de todo o publicado neste espazo oficial do seu centro.

Unha vez no noso poder os datos de nome de usuario e contrasinal abriremos nun navegador web, visitaremos a páxina web e nela buscaremos a opción de Acceso.

Pode ser que esta opción apareza nalgún dos laterais (esquerdo ou dereito) do espazo cunhas casillas para introducir nelas os datos de acceso.

aceso á web

Noutras ocasións poderemos atopar un enlace situado nalgún lugar da páxina (cabeceira, por exemplo) que nos leve á outra páxina onde xa atoparemos as casillas para introducir os datos de acceso do noso usuario, como se aprecia na seguinte imaxe.

aceso á web 2aceso 3

(Imaxes superiores: diferentes estilos de páxinas cun enlace de acceso que nos levará a páxinas que se observa a continuación)

Este enlace levaranos a unha páxina de entrada dos datos onde deberemos introducir o Nome de usuario e contrasinal.

aceso á web 4

Unha vez cubertos os campos xa podemos premer sobre o botón Iniciar sesión para acceder.