3. Funcións dos usuarios do rol "Autores de blog"

  • Crear artigos ou entradas (contidos publicados no blogue) a través da opción do bloque navegación: Crear contido -> artigo de blogue.
  • Editar e modificar os artigos. Unha vez creado o contido, só o propio autor e o administrador, pode editalo e facer todas as modificacións que precise, tamén pode despublicalo e borralo (son dúas cousas distintas).

  • Administrar os comentarios dos artigos. Un blog aliméntase dos comentarios que permiten a interacción entre todos os usuarios do mesmo.

O autor do blog e quen administra os comentarios dos artigos que publica.

No caso dos blogs de aula os comentarios serán o xeito habitual de participación do seu alumnado, estes comentarios poden ser moderados polo profesor (comentarios moderados)

  • Recibir Notificacións por e-mail dos comentarios dos alumnos. O autor pode decidir se quere ou non que se lle envíen notificacións ao seu correo.

A web enviará por defecto un pequeno correo aos usuarios avisándoos dos contidos recentemente publicados e da existencia de comentarios enviados polos alumnos.

As opcións de notificación poden cambiarse (dentro do bloque de navegación) seguindo a ruta: A miña conta -> My notification settings

  • Cambiar o nome do Blogue, o nome do blog é o nome do usuario (o autor do blog) para cambiar o nome do blog simplemente temos que cambiar o nome do usuario A miña conta -> Editar -> Nome de usuario.

É aconsellable á hora de poñer un nome ao blog poñer diante un "_" (guión baixo) para que quede visualmente separado: Blogue de_usuario

  • Etiquetado libre, os artigos ou entradas son etiquetados para facilitar a súa busca e categorización.
As etiquetas se intoducen separadas por comas, por exemplo: blog, biblioteca, letras galegas. E se visualizan nunha nube onde as etiquetas máis empregadas aparecen resaltadas cun tamaño de letra maior.
  • Alias de url, todas as entradas do blog deben levar un alias de url axeitado do estilo: nome_do_blog/nome_artigo.
Isto permitirá que os artigos do blog poidan visualizarse cunha plantilla ou tema determinado.
  • Crear e editar bloques propios. Nunha columna lateral hai seccións ou bloques nas que se adoita poñer enlaces, podcast, vídeos, nubes de etiquetas, contidos populares, contidos recentes... para facer o blog mais atractivo.

Todas estas opcións serán explicadas con mais detalle neste e nos seguintes temas temas.



NOTAS

(1) Os permisos de cada rol están determinados polos administradores da web do centro, en último caso eles son os que deciden o que poderán facer ou non, os permisos que aquí aparecen son os que consideramos que serían recomendables.