2. O módulo Blog

O xestor de contidos (CMS) Drupal dispón do módulo Blog, pensado específicamente para traballar con blogs.

Este módulo inclúe un tipo de coptido específico: o artigo ou entrada de blog e o seu funcionamento é moi sinxelo.

Drupal creará automaticamente un blog para cada usuario que teña activos os permisos correspondentes.

Basicamente cada vez que un usuario publica un artigo este automaticamente aparecerá publicado no seu blog.

Cada usuario pode atopar un enlace ao seu blog no bloque de navegación (ten que ter algún artigo publicado nel, se está baleiro non se amosará nada).

aceso ao blog


Permisos

Cada usuario está asignado a un ROL[1] ou grupo de usuarios que determina qué cousas pode facer e ver, e que cousas non pode.

Cada centro ten definidos os seus propios roles, que están xestinados polo administrador da web [2].

Para poder editar un blog, o rol ao que pertencemos debe ter activada dita opción.

En xeral é recomedable que o administrador da web do centro teña creado un rol específico para os autores de blogs xa que o xeito de traballar é diferente que no resto de categorías xerais da páxina.

Pode consultarse as funcións ou traballo dun autor de blog noutro capítulo deste mesmo tema.


Posta en funcionamento

Para poñer a funcionar un blog na web do centro o primeiro que deberemos facer e poñernos en contacto co administrador e consensuar con él o noso traballo.

Debemos ter en conta que o traballo en blogs suporá unha pequena carga adicional de traballo para os administradores que terán que xestionar entre outras as seguintes cousas:

  • Decidir se crea ou non un rol específico para os autores de blog, en caso que así sexa, crear dito rol e administrar os permisos correspondentes, como por exemplo se ese rol pode ou non cambiar o seu nome de usuario, se pode administrar bloques, se pode administrar views, agregador de novas, taxonomy theme...etc
  • Activar o permiso de edición de blog para ese rol ou para o rol que decidan.
  • Decidir se o tipo de contido artigo de blog admite ou non comentarios
  • Decidir se o rol de alumnado pode ou non enviar comentarios sen aprobación.
  • Colocar un enlace visible na páxina para acceder ao blog.
  • Solicitar e activar os módulos adicionais: Tag tool, Tagadelic, Tagadelic Views, Cumulus, Taxonomy Theme (a configuración destes módulos verase masi adiante nos seguintes temas do curso.

Se o administrador ten activo o permiso para edición de blogs para o rol ao que pertences e se tes un usuario e contrasinal XA TES un Blog, chámase: "Blogue deusuario" (por exemplo blogue depepito) [3].






NOTAS

(1) Os permisos de cada rol están determinados polos administradores da web do centro, en último caso eles son os que deciden o que poderán facer ou non, os permisos que aquí aparecen son os que consideramos que serían recomendables.

(2) cada centro conta con un ou varios administradores que son profesores que se prestan voluntariamente a ese traballo.

(3) O feito de non poñer un espazo en branco entre o "de" e o nome do usuario non é accidental. Por defecto Drupal chama así aos blogs creados "blog deusuario" Para evitar este tipo de situación recomendamos crear nomes de usuarios para os blogs que vaian precedidos por un "-" guión baixo, deste xeito o blog do usuario "_Biblioteca" varíase como "blog de_Biblioteca"