Festas, conmemoracións e saídas

Terceiro Trimestre

Queridas familias, nenos e nenas,

dada a situación actual, as mestras e mestres do CRA decidimos organizar en conxunto o que resta de trimestre.

A proposta que vos facemos será a de levar a cabo un RETO diario na casa! Nós encargarémonos de facer as propostas, e vos de desfrutalas en familia!

A través dos retos, aprenderedes xogando, e traballaredes de forma implícita distintas capacidades, habilidades e destrezas que vos axudarán no voso desenvolvemento. Plantexamos os retos en conxunto, pero cada un/unha de vós pode adaptalo ás súas capacidades, con mais ou menos axuda por parte dos adultos, ou complementándoo con calquera outra tarefa que vos suxira o reto.

Encantaranos recibir fotos ou vídeos dos vosos retos para ver como estades levando o confinamento e estar un chisquiño máis en contacto!

Si tedes calquera dúbida ou pregunta, poñédevos en contacto cos mestres e mestras, que vos axudaremos encantad@s!

Podedes seguir complementando ademais o traballo na casa coas propostas que as titorías e especialidades fan en cadanseu apartado da páxina web.

 

Disfrutádeos! J

CALENDARIO

PLAMBE

EDLG

Robótica Educativa

Eventos

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Iniciar sesión