Festas, conmemoracións e saídas

Venres Santo- Semana do 23 ao 27 de marzo

Moi boas familias!! esta semana adicarémoslla ao Venres Santo. Como ven sabedes, este día conmemoramos a morte de Xesús na Cruz e de aí o sentido da mesma e que vexamos a Cruz como símbolo de Xesús.

Porén propoñerei algunha actividade, totalmente voluntaria.

Para comezar podemos ver o seguinte vídeo, que é a continuación do que se propuxo para Xoves Santo: https://www.youtube.com/watch?v=RjDAHdBNwj8

De seguido, a alumnado de infantil e primaria ten á súa disposición as fichas que aparecen como arquivos adxuntos, debaixo do puzzle. Por unha parte están dúas fichas de infantil e dúas de primaria. As de infantil consisten en coñecer a cruz. Na ficha que aparecen os nenos e nenas poden colorear, picar, cortar ou decorar a cruz. En canto á ficha onde está só a cruz: poden repasar as liñas para saber facela e logo coloreala. No que a primaria se refire,  son fichas de completar. Para calquera dúbida ou para falar, poño á vosa disposición o meu correo: rgfraga@edu.xunta.es

Tamén podemos facer unha manualidade con material que teñamos na casa e xa que estos días o papel hixiénico estivo de moda que mellor que reutilizar un rolo baleiro para facer un penitente. Para iso necesitaremos un rolo valeiro de papel, medio folio ou outro tipo de papel para facer un cono que irá na cabeza e que se decorará ou non, como máis guste. O tubo pódese decorar tamén, ao gusto de cada quen: pinturas, rotuladores, diferentes papeis, témperas.... Finalmente se lle pode poñer un cinto e pintar ou pegar uns ollos no cono que se colocará sobre o tubo. Para qeu vos fagades unha idea, mándovos estas imaxes orientativas. Si vos animades, agradezo que mandedes fotos.

 

Para finalizar, propóñovos a pasar un rato facendo este puzzle interactivo:

 https://www.jigsawplanet.com/?rc=play&pid=147eed0ec9d2

 Moito ánimo a tod@s e xa sabedes que aquí estamos para o que necesitedes... dende a casiña sempre!!! Miles de apertas!!

AdxuntoTamaño
Venres Santo Infantil.pdf242.76 KB
A Cruz.pdf130.42 KB
Paso-completar-primaria.pdf465.56 KB
Completar-primaria.pdf472.54 KB

CALENDARIO

PLAMBE

EDLG

Robótica Educativa

Eventos

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Iniciar sesión