Festas, conmemoracións e saídas

QUEN É QUEN?

A páxina web adivina.io ofrécenos unha grande variedade de temáticas do famoso xogo Quen é quen? , dende Ladybug, pasando por Pepa Pig ata Cars podemos escoller aquela que mellor se adapte os gustos dos nosos pequenos/as. Os pasos para xogar son os seguintes:

1º escolleremos o personaxe co noso contricante deberá adiviñar.

2º escolleremos a pregunta que queremos facer empregando os cursores laterais que aparecen antes e despois da pregunta e logo facendo clic no simbolo de ok.

3º contestaremos á pregunta que formule o contrincante cun si ou un non.

Quen será o primeiro/a en adiviñar de que personaxe se trata?

Este xogo permite xogar contra a propia máquina ou tamén en rede, pero para isto último é necesario engadir un nick e esperar a que haxa oponente.

Con este xogo ademais de traballar atención e memoria, dado que  é necesario ler e contestar preguntas, tamén se traballa lectura e comprensión.

quen e quen

CALENDARIO

PLAMBE

EDLG

Robótica Educativa

Eventos

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Iniciar sesión