Festas, conmemoracións e saídas

ADMISIÓN CURSO 2020-2021

NOTA INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS:

  1. Débese ter en conta que só se pode presentar unha única solicitude no centro que se pon en primeiro lugar. O incrumprimento desta obriga provoca a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  2. O alumnado que ten garantida a permanencia no centro, no caso de presentar solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo.
  3. Si o alumnado ten praza reservada nun centro e presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitude de admisión
  4. A solicitude poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillos/as comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.  Nos demais casos requírese a resolución xudicial correspondente e a sinatura dos dous titulares, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles con carácter exclusivo, ou en situacións de violencia de xénero. 

LEXISLACIÓN QUE REGULA O PROCESO:

DECRETO 254/2012 do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes.

Orde do 12 de marzo de 2013 polo que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado

Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG) pola que se modifica a orde do 12 de marzo de 2013

Instruccións da D.X. de Centros e Recursos Humanos sobre o procedemento da admisión para o curso 2020-2021

 DOCUMENTACIÓN:

-A admisión pódese facer de xeito telemático (con chave 365 ou certificado dixital). Máis información no seguinte: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

- Tamén se pode descargar do seguinte enlace:   ANEXOII

- DNI ou Libro de Familia e certificado de escolarización en casos de traslado de centro. (Art. 16). 

 Formalización da matrícula:  Do 20 ao 30 de xuño.

 

PLAMBE

EDLG

Robótica Educativa

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión