Festas, conmemoracións e saídas

COMUNICACIÓN CONXUNTA DAS CONSELLERÍAS DE SANIDADE E EDUCACIÓN SOBRE A RECOMENDACIÓN DO USO DE MÁSCARAS NOS PATIOS DOS CENTROS EDUCATIVOS.

Estimadas familias,

Achegamos información sobre o uso de máscaras no patio do colexio a ter en conta a partir do 21 de marzo.

Pinchade no seguinte enlace para poder obter toda a información: USO DAS MÁSCARAS NO PATIO

COMUNICACIÓN CONXUNTA DAS CONSELLERÍAS DE SANIDADE E EDUCACIÓN SOBRE A XESTIÓN DE CONTACTOS ESTREITOS COVID-19 NO ÁMBITO EDUCATIVO

Desde o día 7 de marzo entrou en vigor a nova normativa en relación a xestión de contactos COVID-19 que reproducimos a continuación para o coñecemento da comunidade educativa. Destaca a norma de que serán os propios casos positivos os que deben informar aos seus contactos estreitos do diagnóstico de COVID para que extremen as medidas de prevención.

Pinchade no seguinte enlace para poder obter toda a información: XESTIÓN DE CONTACTOS

 

 

COMUNICADO CONXUNTO DA XUNTA E ONGS SOBRE A CRISE HUMANITARIA EN UCRANIA

 

 
Ante as consultas recibidas en relación a unha posible campaña de axuda ao pobo ucraíno enviámosvos o comunicado conxunto emitido pola Xunta de Galicia e as ONG que consideramos de interese para toda a comunidade educativa.

Para velo, pinchade aquí

 

INICIO DO PROCESO DE ADMISIÓN NO NOSO CRA

A solicitude a presentar poderase descargar a partir do 1 de marzo na aplicación admisionalumnado

Tamén estarán á vosa disposición nas distintas escolas do CRA ou podedes descargala nos documentos adxuntos

ALUMNADO ADMITIDO NOS CENTROS ADSCRITOS

Reserva de plaza en centros adscritos

Todo o noso alumnado que solicitou praza nos centros adscritos: CPI Plurilingüe Antonio Orza Couto e CPI Plurilingüe de Vedra,FORON ADMITIDOS para o vindeiro curso 2022-2023,segundo nos acaban de comunicar.

Un saúdo

DÍA DE PORTAS ABERTAS EN FORMA DE VÍDEO

Queridas familias, achégase o momento de realizar a solicitude de admisión para o vindeiro curso escolar 22/23.

Neste momento de pandemia, non se permite o acceso ao centro educativo a persoas alleas nin ás familias a non ser de xeito excepcional.

Por este motivo e dado que non podemos facer o noso "Día de portas abertas" para que nos veñades coñecer un pouquiño máis, decidimos facer un vídeo a modo de presentación no que poderede svernos en funcionamento e saber un pouco máis do noso bo facer dentro e fóra das aulas, co fin de que decidades dar o paso e unirvos á nosa gran familia!!!

MODIFICACIÓNS NO ÁMBITO EDUCATIVO SOBRE AS ACTUACIÓNS ANTE A COVID-19

Estimadas familias, nos documentos adxuntos podedes visualizar as novas modificacións enviadas pola Consellería para actuar nos centros educativos ante os casos positivos na Covid-19 e o emprego, uso e reparto dos test de antíxenos repartidos pola Consellería.

Un saúdo

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2022/2023

 

Iniciamos o procedemento de admisión coa RESERVA DE PRAZA EN CENTRO ADSCRITO

O alumnado do CRA Boqueixón-Vedra "Neira Vilas" que remate a súa escolarización no CRA, neste curso escolar e vaia continuar a súa escolarización nos centros adscritos correspondentes:

  • CPI Antón Orza Couto (Forte): Escolas de Camporrapado e Sergude  
  • CPI Plurilingüe de Vedra: Escolas de Lestedo, San Fins de Sales, Sarandón e San Xián de Sales,

terán que realizar a solicitude de reserva de praza.

O  prazo de entrega de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2022, ámbolos dous incluídos.

PROCEDEMENTO A SEGUIR PARA PRESENTAR A SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA 

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de forma manual en papel  ou de xeito electrónico de dispor de certificado dixital ou CHAVE 365, sendo esta a canle preferible de presentación.

  • 1)    De entregarse en papel, entregaráselle na escola á titora/oou na sede do CRA os mércores de 9 a 14 horas (con cita previa 616440471)

O impreso de solicitude pode recollerse nas escolas do CRA ou descargarse (está publicado como arquivo adxunto a esta nova, en galego e castelán). Haberá que entregalo na escola á que o alumno/a asiste o presente curso 2021-2022.

  • 2) De presentarse electronicamente na aplicación admisionalumnado , debe comprobarse que queda correctamente tramitada dende a aplicación a través da SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia, precisando para este trámite certificado dixital ou CHAVE 365. De presentala deste xeito non sería necesario entregala en papel no centro. 
  • RUTA A SEGUIR NA APLICACIÓN  admisionalumnado : Solicitudes – Reserva – Crear

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Ante calquera dúbida, chamade ao teléfono de dirección do CRA 616440471.

Ámbalas dúas opcións (papel ou aplicación) son viables.

  • A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 25 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso  ou na aplicación admisionalumnado.

Normativa de aplicación

  • ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación
  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

As familias que non opten á reserva de praza nos centros adscritos, deberán esperar ao prazo ordinario de solicitude de admisión: Do 1 ao 20 de marzo de 2022.

A reserva de praza no centro adscrito NON é compatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro.

 

RESULTADOS DAS VOTACIÓNS PARA O CONSELLO ESCOLAR DO CRA

En reunión da Xunta electoral procedeuse onte ao reconto dos votos dos distintos sectores e os resultados foron os seguintes:

SECTOR PAIS/NAIS

PILAR MALLO ANSEMIL.- 54 votos

CARLOS DAVID MIRAS BELLO.- 41 votos

Mª BELÉN VIEITES CABO.- 33

SECTOR MESTRES/AS

Mª LUZ BALADO FERREIRO.- 14 votos

Proclámanse como novos representantes do Consello Escolar:

Pilar Mallo Ansemil

Carlos David Miras Bello

Mª Luz Balado Ferreiro

O vindeiro martes 30 de novembro procederase á constitución do novo Consello Escolar.

CANDIDATURAS DO SECTOR PAIS/NAIS PARA AS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR DO CRA

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais e pais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do Centro,  a Xunta Electoral deste Colexio fai pública a relación dos nomes dos candidatos/as que se presentan á referida elección, segundo se indica de seguido por orde alfabético de apelidos:

PILAR MALLO ANSEMIL.( Escola de SAN XIÁN)

CARLOS DAVID MIRÁS BELLO. ( Escola de SAN XIÁN)

Mª BELÉN VIEITES CABO.( Escola de SAN XIÁN)

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS PARA ALUMNADO DE PRIMARIA

Acaba de publicarse no DOG a orde que regula os criterios e o procedemento para o reparto de máscaras entre o alumnado da etapa de Educación Primaria. O alumnado que é beneficiario da axuda para material escolar no curso 2021/22 non ten que presentar solicitude. Para o alumnado que non é beneficiario desta axuda ábrese o prazo de solicitude do 15 ao 26 de novembro de 2021, sempre e cando cumpra algunha das seguintes condicións:

- Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros.

- Alumnado matriculado en Educación Especial.

- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

No seguinte documento adxunto pódese consultar a Orde do 28 de outubro de 2021, pola que se regula este procedemento.

INFORMACIÓN ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DAS FAMILIAS AO CONSELLO ESCOLAR

 

 

Nota informativa das eleccións dos representantes das familias ao Consello Escolar.

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL. CALENDARIO DE ELECCIÓNS

En reunión tido onte na Escola de San Xián ás 14:00horas constituiuse a Xunta Electoral responsable da organización e supervisión do procedemento de elección dos membros do Consello Escolar do Centro, quedando da seguinte forma:

Presidenta: Dona Mª Elena García Iglesias. Directora do Centro.

Vogais:

  • Dona Eva Nieves Vieiro. (Mestra)
  • Don Gonzalo Saavedra Ferro (Pai)

Actúa como Secretaria a mestra: Dona Eva Nieves Vieiro

A Xunta Electoral, unha vez constituída e de acordo coa lexislación vixente, procede a aprobar a publicación das convocatorias dos distintos sectores de representación, así como a publicación dos seus correspondentes censos electorais, e establece o seguinte calendario electoral:

CALENDARIO DE ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

3 de novembro

  • Publicación das convocatorias de eleccións nos distintos sectores educativos: profesorado, pais/nais e persoal de administración e servizos.
  • Publicación dos censos provisionais dos sectores educativos citados.
  • Envío de escritos ao Concello e a ANPA solicitándolles a designación dos seus representantes se procede.

4 a 11 de novembro

  • Prazo de presentación de candidaturas e reclamación a censos.

11 de novembro

  • Remata o prazo de presentación de candidaturas e reclamacións aos censos ás 14:00 horas

16 de novembro

  • Celebración da 2ª reunión da Xunta Electoral
    • Proclamación e posterior publicación de candidaturas por sectores de representación.
    • Aprobación definitiva de censos electorais, unha vez resoltas as posibles reclamacións.
    • Aprobación de modelo de papeletas e sobres dos distintos actos electorais.
    • Sorteo público para a designación dos membros das mesas electorais.
  • Claustro de profesores informativo.

16 a 19 de novembro

  • Campaña electoral.

22 de novembro

  • Celebración das votacións do profesorado de 14:00 a 14:30 horas.
  • Celebración das votación pais, nais e titores legais do alumnado, de 09:00 a 14:15 horas.

23 de novembro (celebración da 3ª e última reunión da Xunta Electoral).

  • Proclamación de candidatos electos.
  • Traslado de documentación á Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

24 de novembro

  • Convocatoria de constitución do Consello Escolar.

SORTEO DOS MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL

No arquivo adxunto informámosvos do resultado do sorteo para a elección dos membros da Xunta electoral por mor das eleccións ao Consello escolar do Cra realizada hoxe na sede ÁS 10:30

PROCESO DE RENOVACIÓN DA COMPOSICIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 2021

  Segundo a  RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación  e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos corresponde facer unha renovación parcial dos membros do Consello Escolar procede neste caso renovar 1 representante do Claustro de mestres e mestras e a 2 representantes das familias.

Segundo o Artigo 2º da citada Resolución a elección dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar celebrarase ao efecto entre os días 22 e 26 de novembro, ambos os dous incluídos. Será responsabilidade da Xunta Electoral fixar a data definitiva das votacións.

A Xunta electoral estará formada pola directora, unha mestra/a e unha nai/pai elixidos en sorteo público.

Poden consultar o censo de familias en cada una das escolas a partir do luns 25 de outubro.

Para poder constituír a Xunta electoral, entre os días 2 e 5 de novembro de 2021, procederase a un sorteo público o vindeiro mércores 27 de outubro ás 10:30 na Sede do CRA  tal e como se informa na seguinte circular:

 

Protocolos e documentación Covid Curso 21-22

Unha ano máis, presentámosvos o protocolo de Continxencia, o cal levaremos a cabo no caso de un confinamento total ou parcial por parte de unha escola, no que se pode ver afectado un alumno/a ou toda a clase. Do mesmo xeito, amosámosvos o Plan de adaptación e Plan de acollida para dar a máxima información posible das normas a seguir durante este curso por mor da COVID. Tamén adxuntamos a enquisa de autoavaliación, na que, de presentar algún dos síntomas que reflexa, haberá que solicitar consulta no centro médico ou quedar na casa. Finalmente, podedes ter de referencia a Declaración responsable pola que as familias se comprometen a ter coñecemento dos protocolos e de presentar algún síntoma, tomar as medidas axeitadas.

Aínda así, para calquera dúbida, xa sabedes como poñervos en contacto con nós, nas escolas ou no teléfono de dirección: 616440471

INFORMACIÓN SOBRE O INICIO DE CURSO

Estimadas familias!!

Como xa saberedes, o vindeiro 9 de setembro dará comezo o curso 2021-2022, un novo curso que trae algunha modificación pero que virá marcado polo xa vivido o curso pasado e no que esperamos que saiamos vistoriosos como foi no 2020-2021. Durante esta semana teremos diferentes xuntanzas no exterior de cada escola, para que coñezades de primeira man as novedades que ten este curso e poder solventar calquera dúbida. Unha vez rematada esta xuntanza, cada mestra/e, vos explicará o máis salientable en canto ao funcionamento da titoría. Estas xuntanzas faranse os seguintes días e no horario que se indica: 

Lembrarvos que pola situación que estamos a vivir, só poderá asistir unha persoa por familia, respetando a distancia de seguridade e con máscara de protección

Para todo o noso alumnado o centro abrirá as súas portas o 9 de setembro.

Do mesmo xeito, presentámosvos o período de adaptación, que afecta ao alumnado de 3 anos que se matriculou por primeira vez no segundo ciclo de Educación infantil. Este período abrangue dende o 9 ao 21 de setembro e no seguinte cadro podedes ver como se levará a cabo:

Debido ao número de alumnado de 3 anos que entra na escola de Sergude, o período de adaptación nesta escola será distinto e será a titora a que o explique, na xuntanza de inicio de curso do día 6 de setembro.

Moitas grazas a tod@s pola vosa comprensión. Agardámosvos!!

MATERIAL ESCOLAR PARA O VINDEIRO CURSO 2021-2022

Xa nos poñemos a andar para o vindeiro curso e para iso, poñemos á vosa disposición as listaxes do material das diferentes escolas que forman o noso CRA. Atoparedes a información dos diferentes materiais premendo nos arquivos adxuntos da parte baixa de esta publicación. Podedes poñervos en contacto coa AMPA antes de mercarlo.

RUKUTRÚ 20/21

 

      Un ano máis chegou ó CRA a revista do Rukutrú. E como peculariedade trátase dun monográfico que xira arredor do proxecto que estivemos traballando anualmente sobre o Camiño de Santiago. Démoslle formato de xornal recollendo, nun producto final, as noticias dese fantástico telexornal das que foron protagonistas. Para abrila tedes que premer enriba da imaxe e para moverse pola presentación utilizar as frechas cursoras do teclado. Esperamos ca disfrutedes tanto coma nós!!!

 

rukutru portada

 

 

Formalización de Matrícula para o vindeiro curso 2021-2022

O período de matrícula para o alumnado de nova incorporación vai do 20 ao 30 de xuño, ámbolos dous inclusive. 

Co fin de facilitar o proceso, será preciso pedir cita no número de dirección: 616440471, tal como se indica no  documento adxunto (Formalización de matrícula) no que tamén se expecifica a documentación necesaria que debe acompañar á matrícula. Por outra parte, tamén adxuntamos o Anexo que deberán cumplimentar para facer efectiva a matrícula (AnexoIII), a autorización de imaxe, a autorización para cando se fan as saídas pola contorna da escola e o custionario de lingua materna, que se refire á lingua que fala habitualmente o neno/a. Ademáis, informamos a todas as familias que o 21 de xuño recolleranse as matrículas na escola de Lestedo e na de S Fins e os días restantes xa será na sede do CRA, en Lestedo. Importante lembrar que todos os días será con cita previa. Un saúdo e graciñas!!

AXUDAS FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021-2022

AXUDAS FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021-2022

A Consellería de Educación vén de publicar a Convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto, participación no fondo solidario e de axudas para a adquisición de material escolar.

Estas axudas son so para alumnado que curse Educación Primaria no curso 21-22:

DESTINATARIOS:

- Alumnado de 1º e 2º Primaria: Axudas para adquisición de libros.

-Alumnado de 3º e 4º Primaria: Beneficiario do Fondo Solidario

REQUISITOS:

      Renda per cápita familiar inferior ou igual a 10.000 €.

 

- Alumnado de Primaria: Axudas para adquirir material escolar.

REQUISITOS:

     Renda per cápita familiar inferior ou igual a 6000€.

     Ou discapacidade igual ou superior ao 65%. 

     Ou garda/tutela pola Xunta de Galicia.

 

A presentación será preferiblemente por vía electrónica (Aplicación Fondolibros) ou de forma presencial na sede do CRA en Lestedo, debendo gardar as medidas de protección sanitaria con motivo da situación polo COVID-19 (marcarilla, distancia de 2 m.): os mércores de 9:00 a 14:00h

IMPORTANTE:

O anexo II da solicitude debe ser asinado por TODOS os membros da unidade familiar, agás o solicitante.No caso de menores de idade, este documento deberá ser asinado por un dos proxenitores, titor/a ou representante legal.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

Solicitude (anexo I e anexo II debidamente asinados)

Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.

En caso de non dispoñer de libro de familia, só en casos excepcionais, poderase aceptar:

- Certificado ou volante de convivencia.
- Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
- En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
 
Terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2019, agás no relativo á violencia de xénero que se aplicará o disposto na lexislación específica.

O prazo de presentación de solicitudes é ata o 22 de xuño.

Podedes acceder aos seguintes enlaces, nos que atoparedes toda a información necesaria:

SOLICITUDES

FONDOLIBROS

SEDE ELECTRÓNICA

O alumnado que pasa para 1º,2º e 3º e faga entrega presencial da solicitude, deberá levala ao Centro no que continuará os seus estudos o vindeiro curso 2021/2022, sempre que esté xa admitido.

Para calqueira dúbida, poñédevos en contacto coa dirección do centro no teléfono 616440471.

DEBIDO A SITUACIÓN NA QUE NOS ATOPAMOS ESTABLÉCENSE AS SEGUINTES NORMAS:

-RECOMÉNDASE A PRESENTACIÓN TELEMÁTICA DA SOLICITUDE A TRAVÉS DA APLICACIÓN FONDOLIBROS

-SI DE XEITO EXCEPCIONAL FACEDES ENTREGA PRESENCIAL, SOAMENTE DE SE ATENDERÁ CON CITA PREVIA NO TELÉFONO 616440471Á HORA DE ENTREGAR A DOCUMENTACIÓN SOLICITADA, SOAMENTE SE PERMITIRÁ A ENTRADA DUNHA ÚNICA PERSOA NO CENTRO, SALVO CASOS DEBIDAMENTE XUSTIFICADOS.

Prevención e estratexias no uso das novas tecnoloxías

Compartimos esta información sobre prevención e bo uso das novas tecnoloxías, a cal consideramos de gran interese e de axuda para todas as famillias, tanto a nivel profesional como personal. Todo isto no momento que vivimos, no que o auxe das novas tecnoloxías é unha realidade e para iso agradecemos que dende o concello nos deran resposta ás nosas inquedanzas. Deste xeito, convidámosvos asistir para poder botar man de estratexias, pautas e ata sinais de alarma para que este auxe nunha chegue a ser un problema. Vémonos!!

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE A ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2021-2022

Poñemos en coñecemento das familias que reservaron praza para os seus fillos/as no noso centro, durante o período de admisión que rematou o pasado 20 de marzo, que TODO O ALUMNADO ESTÁ ADMITIDO. A formalización de matrícula  será do 20 ao 30 de Xuño. Máis adiante xa nos poñeremos en contacto con todas as familias.

Quen esté interesado en ver a listaxe terá que entrar nas aplicación de admisión alumnado con chave 365 ou vir á sede do CRA, os mércores en horario de 9 a 14 horas ou concertando outro horario chamando ao teléfono da dirección do centro:616440471.

Un ano máis, grazas pola vosa confianza!!

VACANTES PARA O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 2021-22

Adxuntamos o documento no que se describen as vacantes que ofertamos por escola para a admisión do alumnado para o vindeiro curso escolar 2021-2022

Reserva de plaza en centros adscritos

Todo o noso alumnado que solicitou praza nos centros adscritos, dígase CPI Plurilingüe Antonio Orza Couto e CPI Plurilingüe de Vedra, foron admitidos para o vindeiro curso 2021-2022. A listaxe está no interior das nosas escolas. Un saúdo

Aposta por un ensino Público, Rural e en Familia.

Un ano máis, comeza o período de admisión, nesta ocasión tócalle a quenda aos nenos e nenas nados no 2018 e que comezan a súa andaina escolar no vindeiro curso. Este ano por mor da situación sanitaria que estamos a vivir, nos vos podemos convidar a coñecer as nosas 6 escolas e ter a Xornada de Portas Abertas que viñamos celebrando estes anos. Pero aquí estamos para calqueira dúbida que poidades ter acerca do noso funcionamento, das nosas instalacións ou calquera dúbida que vos poida xurdir en calquera delas, xa ven sexa nas de Boqueixón: Camporrapado, Lestedo e Sergude ou ben no concello que Vedra: Sarandón, S Fins e S Xián. Convidámosvos a que visitedes o noso blog: http://rukutru.blogspot.com/ e deste xeito, poidades ver algunha das actividades que levamos a cabo no noso día a día.

Esperamos que para o vindeiro curso continuemos coas nosas saídas mensuais como o Pasabodeghiñas, concertos e sen esquecer os 2  festivais anuais e mesmo a gran festa de fin de curso, organizada pola ANPA na que se "licencian" dun xeito moi especial aos que rematan ciclo.

Cremos firmemente que o mellor xeito de aprender é o contacto directo e da experiencia. Si xa de por si, somos uns privilexiados por situarnos no rural e rodeados de natureza, sempre aproveitamos saídas para aprender máis da nosa contorna e todo iso como si fósemos unha gran familia. 

Por iso, convidámosvos a apostar por un ensino público, rural e de calidade e con un lema,  "Educando en familia",  que quere amosar a importancia que son para nós o voso mellor tesouro. os voso fillos e fillas. 

Agardámosvos!!!

 

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021-2022

Admisión: do 1 ao 20 de marzo de cada ano, ambos incluídos. A solicitude preferiblemente cubrirase na aplicación

admisionalumnado e presentarase en Sede Electrónica ou, de forma presencial, na sede do CRA, os mércores en horario de 9 a 14 horas. de non ser posible este horario, chamar ao telf. do centro: 616440471. Este ano, por mor da situación que estamos a vivir non se recollerán nas escolas.

No caso da reserva ou da admisión, cando o último día do prazo sexa non lectivo prorrogarase ata o primeiro día lectivo inmediato seguinte

NOTA INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS

Débese ter en conta que só se pode presentar unha única solicitude no centro que se pon en primeiro lugar. O incrumprimento desta obriga provoca a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

  1. O alumnado que ten garantida a permanencia no centro, no caso de presentar solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo.

  2. Si o alumnado ten praza reservada nun centro e presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitude de admisión

  3. A solicitude poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillos/as comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.  Nos demais casos requírese a sinatura dos dous titulares. agás que a patria potestade estea atribuída a un deles con carácter exclusivo, ou en situacións de vilencia de xénero.

SOLICITUDES:

https://www.edu.xunta.gal/axudaplicacion/files/admisionalumnado/ED550B-G.pdf

Tamén se pode descargar no arquivo adxunto, como versión autocompletable, que atoparán ao final de esta publicación.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • No caso de que non se faga a solicitude telemática deberá entregarse o impreso de solicitude cuberto
  • Copia do DNI da persoa solicitantes e dos membros da unidade familiar 

  • Copia do libro de familia

PUBLICACIÓN DE LISTAXES:

  • Provisional: antes do 25 de abril. O prazo de reclamación de puntuacións é de 5 días hábiles dende o seguinte á súa publicación

  • Definitiva: antes do 15 de maio

    As persoas solicitantes que conten cun certificado dixital ou chave365 poderán consultar as listaxes correspondentes á súa solicitude ou solicitudes a través da aplicación admisionalumnado

LEXISLACIÓN: 

  •  DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA:

O alumnado admitido formalizará a súa matrícula do 20 ao 30 de xuño.

 

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2021/2022

Iniciamos o procedemento de admisión coa RESERVA DE PRAZA EN CENTRO ADSCRITO

O alumnado do CRA Boqueixón-Vedra "Neira Vilas" que remate a súa escolarización no CRA, neste curso escolar e vaia continuar a súa escolarización nos centros adscritos correspondentes:

  • CPI Antón Orza Couto (Forte): Escolas de Camporrapado e Sergude  
  • CPI Plurilingüe de Vedra: Escolas de Lestedo, San Fins de Sales, Sarandón e San Xián de Sales,

terán que realizar a solicitude de reserva de praza.

O  prazo de entrega de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ámbolos dous incluídos.

O impreso de solicitude pode recollerse nas escolas do CRA ou descargarse (está publicado como arquivo adxunto a esta nova en galego e castelán). Haberá que entregalo na escola á que o alumno/a asiste o presente curso 2020-2021.

Este procedemento tamén poderá facerse directamente na aplicación Admisionalumnado

Ante calquera dúbida, chamade ao teléfono de dirección do CRA 616440471.

 

Distribuir contido

CALENDARIO

PLAMBE

EDLG

Robótica Educativa

Eventos

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Iniciar sesión