ADMISIÓN 2017-2018
Enviado por admin o Ven, 17/02/2017 - 00:42
O vindeiro 1 de marzo comeza o prazo para solicitar plaza nos centros de ensino para os novos alumnos/as. Queremos dende aquí convidarte a que te achegues as nosas escolas: Camporrapado, Sergude, San Fins, San Xián, Lestedo e Sarandón e nos coñezas mellor, nos preguntes e coñezas o noso xeito de traballar. Somos moi descoñecidos e queremos ser unha das túas opcións para escolarizar o teu fillo/a.
Non o dubides, chámanos ó 616440471 ou envíanos un mail: cra.boqueixon.vedra@edu.xunta.es e concertamos unha visita. Agardámoste¡¡¡