Festas, conmemoracións e saídas

A Igrexa- Do 14 ao 30 de Abril

Moi boas amig@s!! Recén estamos estreando a Pascoa e aproveitaremos para coñecer un pouquiño a igrexa, por dentro e por fóra, a casa do noso amigo Xesús, que como bo amigo, sempre nos convida a ir a ela. Compre diferenciar a igrexa da misa, a primeira é o edificio, e a misa é o que celebramos dentro e que fai o cura.

Que mellor que empezar cantando, neste caso unha canción da Igrexa. Agardo que vos guste. Premendo na seguinte imaxe poderás desfrutala. 

 De seguido propóñovos facer unha manualidade, unha igrexa que atoparedes nos arquivos adxuntos. Poderédela facer coa axuda de algún adulto ou irmán maior, tanto infantil como primaria.

A quen non lle gusta facer un puzzle online? Xa que o de Pascoa vos gustou e xa vin que hai moito campión e campiona. Nesta ocasión, preséntovos outro puzzle, sobre a temática que nos ocupa e máis enfocado aos de infantil. Premendo na seguinte imaxe poderedes facer o puzzle que forma o mesmo debuxo.

Si vos apetece facer algunha ficha, adxunteivos varias por niveis. Cada neno e nena pode facer a ficha que lle apeteza, independientemente do curso ao que vai dirixida.

Deste xeito, poderedes atopar unha ficha para infantil que consiste en pegar os elementos principais da igrexa dentro da mesma, pódense colorear. Para rematar, na parte de abaixo da ficha están os nomes dos obxectos que se pegaron. Con axuda pódense recortar polo marco e pegarllos a cada un.

Por outra parte, para os de 1º de Primaria, atoparedes un encrucillado no que podedes colorear os debuxos e unha ficha de completar, na que tendes que escribir como se chama a casa de Deus, para o que mostra varias opcións, seguidamente deberedes completar o debuxo da igrexa cos elementos prioncipais que lle faltan, por ex: Cruz, campá, rosetón, que é a ventá redondo que atopamos enriba da porta de entrada e mesmo as vidrieras, que son as ventás ovaladas. Finalmente, presenta varias opcións e hai que rodear como é a igrexa por dentro. 

En canto a 2º de Primaria, atoparedes unha sopa de letras, á que lle podedes colorear os debuxos. Posteriormente podedes facer un debuxo de unha igrexa por dentro e pegarlle os debuxos coloreados do sopa de letras no sitio que lle corresponda. Para finalizar, adxuntei unha ficha na que tendes que atopar elementos da igrexa, escribilos e poñer para que serven.

 Como sempre, o traballo é voluntario. No caso que queirades compartir o que fixéchedes podedes facelo, como ata agora, ao whatsaap da escola e mesmo ao meu correo electrónico: rgfraga@edu.xunta.es, no que tamén poderedes preguntar o que queirades e contar o que vos apeteza, todo será moi ben recibido. Un bico enorme para todas as familais e aquí estamos para o que poidamos ser de axuda!! 

AdxuntoTamaño
Contruir unha igrexa-Inf. y Primaria.pdf368.41 KB
A Iglesia por dentro-Infantil.pdf502.31 KB
ENCRUCILLADO-1º PRIMARIA.pdf669.04 KB
1ªPrimaria.jpg139.11 KB
SOPA DE LETRAS-2ºPrimaria.pdf497.76 KB
2º Primaria.jpg58.15 KB

PLAMBE

EDLG

Robótica Educativa

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión