Festas, conmemoracións e saídas

Curso 23-24 1º Trimestre

Parece que foi onte cando dábamos comezo a este curso e xa rematamos o primeiro trimestre. Neste tempo levamos a cabo numerosas iniciativas todas elas co fin último de favorecer o benestar do noso alumnado.

Para iso, comezamos creando unhas criaturas silenciosas que nos pedían que as coidáramos do ruído e comprometémonos a facer da nosa aula un sitio libre de excesivo ruído... e imos por bo camiño. Estas criaturas tamén nos trouxeron un xogo de preguntas e retos para coñecer mellor aos nosos compañeiros e compañeiras e poder axudar. 

De seguido, coñecimos un conto dunha árbore diferente a todas e entre todos e todas, fixemos que se sentira mellor, enchéndoa de follas de cores e moi vistosas.

Un ano máis conmemoramos o DOMUND (domingo mundial das misións) no que nos convidan a facer a misión de Xesús, de ser mellores e axudar aos que máis o necesitan.

Xa entramos no tempo de Advento, tempo no que nos preparamos para o Nadal enchendo a casa de adornos e luces, escribindo as cartas aos Reis Magos... e sobre todo, facendo ben para recibir ao Neno Xesús co corazón cheo de amor.

Rematamos este trimestre aprendendo ou lembrando o relato do nacemento de Xesús, axudándonos dun parchís moi especial e elaborando diferentes traballos manuais para levar e adornar a casa por este tempo.

O segundo trimestre xa está aí e a Paz, contos de valores, de Xesús e a festa da Pascua, xa nos agardan para vivir novas aventuras. Agardo que disfrutedes do vídeo resumo do que dou de sí este trimestre.

Feliz 2024 a todas as familias!!!

 

PLAMBE

EDLG

Robótica Educativa

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión