Festas, conmemoracións e saídas

Festival de Entroido

Despois de 3 anos, por fin puidemos celebrar o festival de Entroido como nos gusta, coas familias e facendo moita festa. Para iso, alá volvemos ao Centro Sociocultural de Vedra para homenaxear as Bellas artes. Deste xeito, varias escolas escolleron pintores, outras o cine, a música e ata dous bustos, que costou coñecer, representaron a arquitectura.

Os primeiros encargados de ensinar o seu traballo, foi a escola de Camporrapado, que coa axuda das familias, ensináronnos os pasos para a creación dunha película.

Premendo na seguinte imaxe, poderedes ver a súa posta en escena. A Continuación tamén vos amosamos unhas fotografías do momento.

Deseguido chegou a hora de Savador Dalí, con toda a familia da escola de Sergude. Ao igual que na escola anterior, podedes premer na primeira imaxe para ver a posta en escena e logo tamén vos deixamos unhas fotos.

 

 

 

Outra das escolas que este entroido traballou a pintura foi Lestedo, nesta ocasión aprenderon as diferentes técnicas de Picasso, iso si, todo o seu disfraz fixérono con material reutilizable, velando así pola importancia do medio ambiente. Non vos perdades a súa posta en escena premendo na primeira imaxe.

 

 

Coa escola de S Xián, descubrimos a vistosidade do pintor: Keith Haring. Desfruta da súa obra coa posta en escena desta escola, premedo na primeira imaxe.

 

E xa para rematar a quenda dos pintores, presentamos á escola de S. Fins, co gran traballo que fixeron para coñecer un pouco máis a Joan Miró. Preme na primeira imaxe e verás que guapos estaban.

 

 

 

Non podía rematar o noso desfile sen música, e a escola encargada foi a de Sarandón, que neste entroido dedicado ás Belas Artes, quixo rendirlle homenaxe á música e neste caso, á nosa música tradicional con unha canción propia da parroquia de Sarandón, do grupo, a Requinta da Laxeira titulada o Chuletón. Premede a primeira imaxe e subide o volume para poder bailar e cantar.

 

Antes de pasar á merendola organizada pola nosa querida ANPA, bailamos con un obradoiro de música da man de Merlo Branco, centrada no entroido e que levaba por título Entroidanzas, que como ben di a palabra, ensináronnos e bailamos diferentes danzas dos entroidos de Galicia e de outros lugares do mundo, como Colombia ou Brasil. Velaíquí unha pequena mostra.

E así foi como demos paso á merenda, coa esperanza que disfrutárades tanto coma nós e que pronto nos poidamos xuntar para seguir facendo festa e comunidade, que é o que máis nos gusta.

Viva a familia do CRA!! VIVAAA

PLAMBE

EDLG

Robótica Educativa

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión