Festas, conmemoracións e saídas

Samaín no CRA

Para rematar Outubro que mellor que celebrar o Samaín. Durante todo a última semana de mes, levamos ás escolas as cabazas que decoramos nas nosas casas e a verdade qua hai que recoñecer...somos uns artistaz@s!!

Para o día da festa do Samaín, disfrazámonos de canto personaxe terrorífico vos podedes imaxinar...foi un día no que os habitantes do CRA daban moooito medo.

Como toda festa que se precie, non faltou unha boa merenda terrorífica na que puidemos degustar dende tumbas, pantasmas, arañas, vasoiras e todo o que a nosa cabeciña e as nosas mans nos deron para preparar... e que non foi pouco!!

 

Preme no seguinte collage e verás un resumo dos nosos terroríficos traballos:

O Pasabodeghiñas!!

O pasado 26 de outubro celebramos o noso peculiar magosto a modo de Pasabodeghiñas. Foi un día moi especial, no que ademais de desfrutar da compañía de todo o alumando do CRA e do profesorado, sentimos unha vez máis o agarimo e hospitalidade dos veciños da parroquia de Sarandón, concretamente da aldea de Ximonde....xa queda menos para a vindeira!!!

Premendo no seguinte collage poderás desfrutar dun resumo do que foi o noso Pasabodeghiñas´18!!

O programa "Fun polo vento" da TVG visita o CRA

O pasado xoves día 10 un equipo do programa "Fun polo vento" visitou as escolas de S. Xián e S Fins para coñecer de primeira man como funciona unha escola do rural. Soubo a pouco a pesar do moito que lles contamos. Aínda así, graciñas por contar unha vez máis co CRA Boqueixón-Vedra-"Neira Vilas" como exemplo de escola no rural. Para a vindeira máis e mellor!!

Preme na seguinte imaxe para poder ver a reportaxe:

Navegando na exposición Cultumar

Preme na seguinte imaxe e verás que tarde pasamos navegando por Cultumar e por Compostela!!

Cumpleanos en Sarandón

Ainda non levamos un mes de clase e xa tivemos dous aniversarios para celebrar en Sarandón. Non faltou nin a tarta nin a felicitación especial do profe Antonio.Parabéns ás homenaxeadas.

Fachenda do noso patio en Sarandón

O pasado venres 28 de setembro houbo festa en Sarandón, non só porque eran as vésperas da festa do S. Miguel nin porque os nosos nenos e nenas vendimaron as uvas que apareceron pola mañan no patio da escola, que non é pouco.... tamén porque esta viña que apareceu de súpeto debeu de quedar abraiada polo patio que loce Sarandón. esta escola está de estrea, un patio e unhas melloras moi demandadas polo CRA e grazas aos esforzos conxuntos da asociación de veciños e do concello de Vedra,os nenos e nenas de esta escola, xa poden presumir de patio novo. Grazas a todos os que o fixeron posible.

 

Empezamos con éxito este novo curso 2018-2019

Fai dous días que comezamos este novo curso e temos que dicir que non se pode empezar mellor. Os nosos nenos e nenas son uns campeóns. Os veteranos portáronse xenial e demostraron que son moi bos compañeiros, recibiron aos que comezaron este curso no CRA con moito cariño e axudándolles no que necesitaban. No día de hoxe xa tivemos a primeira visita especial ao noso centro, nada máis e nada menos que a TVG para o programa "Fun polo aire" que se emitirá próximamente e así volo faremos chegar. Non podemos pedir máis, que seguir do mesmo xeito. Graciñas a todas as familias por confiar en nós!!

Período de adaptación

Aquí podedes ver o horario de adaptación para este novo curso. Deberedes ter en conta que este período sólo afecta aos nenos e nenas que entran en 3 anos o resto terá horario de 9 a 14h. Xa non falta nada!!

Curso 2018-2019

Xa está aquí un novo curso. Na reunión que tivemos onte, repartimos o horario para este curso e demos algunha que outra información importante para o bo funcionamento do curso. En vindeiros días serán as propias titoras ou titor @s que poñan unha nova reunión para os temas que afectan a cada escola. Mañán as portas das nosas escolas abriránse para recibir aos mellores convidados posibles... Benvidos tod@s á vosa casa, a casa da familia do CRA Boqueixón-Vedra "Neira Vilas".

Xuntanza inicio de curso

 

 Moi boas a tod@s e benvid@s!! Xa estamos de volta para votar a andar un novo curso. O vindeiro luns xa teremos unha primeira toma de contacto na xuntanza que terá lugar no baixo do local social de Lestedo. Alí presentaremos os novo integrantes do claustro e o equipo directivo. Asemade, explicaremos diferentes informacións importantes e solventaremos calquera dúbida que poidades ter. Un saúdo de todo o claustro que conforma o CRA Boqueixón-Vedra "Neira Vilas".

MATERIAL ESCOLAR 2018-2019

No seguinte enlace podedes ver os libros e materiales das distintas escolas para o vindeiro curso. Bo Verán a tod@s!!

https://www.dropbox.com/home/BA%C3%9AL%20DO%20CRA/MATERIAL%2018-19

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2018/2019

 

A Consellería de educación vén de publicar  a Orde do 9 de maio pola que se regula a participacipación no fondo solidario de libros de texto, e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2018/19 (DOG do 21 de maio)

Prazo de presentación: do 22 de maio ao 22 de xuño de 2018.

Alumnado destinatario: alumnado matriculado no curso 2018/19 en  1º e 2º primaria 

Clicade nos documentos adxuntos para acceder aos anexos e para ampliar a información.

PRAZAS VACANTES NAS ESCOLAS

PENSA EN NÓS

ADMISIÓN 2018-2019

PROCESO DE ADMISIÓN 2018-2019

 DESCARGA A INSTRUCIÓNS

DESCARGA A OFERTA DE VACANTES POR ESCOLAS

 Á HORA DE PRESENTAR A SOLICITUDE HAI DÚAS OPCIÓNS: 

Pódese cubrir a solicitude de xeito telemático ou ben descargar o Modelo ED550B(arquivo pdf editable) e cubrilo e logo imprimilo ou ben imprimilo e cubrilo a man.

 A) OPCIÓN TELEMÁTICA

 

 

 

CUBRIR A SOLICITUDE A TRAVÉS DA APLICACIÓN

 B) OPCIÓN DE DESCARGA DE DOCUMENTO

 DESCARGA E IMPRIME A SOLICITUDE (EDITA O PDF E IMPRIME OU IMPRIME E CUBRE A MAN (Non é preciso cubrir as follas 3 e 5 da solicitude polo momento- sería necesario facelo máis adiante no caso de ter que baremar-)

* A SOLICITUDE IMPRESA ESTARÁ TAMÉN DISPOÑIBLE NAS ESCOLAS E NA SEDE DO CRA.

 HORARIO E LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

 ESCOLAS  DO CRA ( Camporrapado, Lestedo,Sarandón, San Fins, San Xián, Sergude)

Tódolos días de 9 a 14

SEDE DO CRA BOQUEIXÓN- VEDRA (Vilar s/n- Lestedo)

  • MARTES 16:00-18:00
  • MERCORÉS: 9:00-14:00

Teléfono de Contacto:  616440471

DRABOQUE

 

 

Dende o CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas" avogamos por coidar do noso medioambiente, o noso entorno,.... aprender da natureza e darlle algo do moito do que nos dá ela. Pincha na imaxe e verás as actividades que facemos nas escolas dentro do proxecto do programa Voz Natura

CRATECA

 

 

PINCHA NA IMAXE PARA VISITAR O NOSO BLOG DA BIBLIOTECA E VER TODAS CANTAS COUSAS BONITAS FACEMOS COS LIBROS

CURSO 17/18

 
 

CALENDARIO ESCOLAR 17/18

            Saiu hoxe publicado o calendario escolar para o curso 2017-2018 o cal podedes consultar na súa totalidade no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20170622_calendario_escolar.pdf

As datas a destacar son as seguintes:

COMEZO DAS CLASES: 11 DE SETEMBRO
REMATE DAS CLASES: 21 DE XUÑO
 
PERÍODOS NON LECTIVOS:
 
NADAL : do 22 de decembro ao 7 de xaneiro
ENTROIDO: 12,13 e 14 de febreiro
SEMANA SANTA: do 24 de marzo ao 2 de abril
Día do Ensino: 7 de decembro
 

MATERIAL ESCOLAR CURSO 17-18

 
 
 
Neste enlace podedes consultar as listaxes do material funxible e libros de texto de cada escola:
 
 
 

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMISIÓN CURSO 17/18

 

LISTAXE 3 ANOS

  LISTAXE 4 ANOS

 

DESCARGA OS DOCUMENTOS SE NON OS VISUALIZAS BEN:

ADMISIÓN 2017-2018: INSTRUCCIÓNS

PROCESO DE ADMISIÓN 2017-2018

 DESCARGA A INSTRUCIÓNS

DESCARGA A OFERTA DE VACANTES POR ESCOLAS

 Á HORA DE PRESENTAR A SOLICITUDE HAI DÚAS OPCIÓNS: 

Pódese cubrir a solicitude de xeito telemático ou ben descargar o Modelo ED550B(arquivo pdf editable) e cubrilo e logo imprimilo ou ben imprimilo e cubrilo a man.

 A) OPCIÓN TELEMÁTICA

CUBRIR A SOLICITUDE A TRAVÉS DA APLICACIÓN

 B) OPCIÓN DE DESCARGA DE DOCUMENTO

 DESCARGA E IMPRIME A SOLICITUDE (EDITA O PDF E IMPRIME OU IMPRIME E CUBRE A MAN (Non é preciso cubrir as follas 3 e 5 da solicitude polo momento- sería necesario facelo máis adiante no caso de ter que baremar-)

* A SOLICITUDE IMPRESA ESTARÁ TAMÉN DISPOÑIBLE NAS ESCOLAS E NA SEDE DO CRA.

 HORARIO E LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

 ESCOLAS  DO CRA ( Camporrapado, Lestedo,Sarandón, San Fins, San Xián, Sergude)

Tódolos días de 9 a 14

SEDE DO CRA BOQUEIXÓN- VEDRA (Vilar s/n- Lestedo)

  • MARTES 16:00-18:00
  • MERCORÉS: 9:00-14:00

 

Teléfono de Contacto:  616440471

PRAZAS VACANTES

ADMISIÓN 2017-2018

 

    O vindeiro 1 de marzo comeza o prazo para solicitar plaza nos centros de ensino para os novos alumnos/as. Queremos dende aquí convidarte a que te achegues as nosas escolas: Camporrapado, Sergude, San Fins, San Xián, Lestedo e Sarandón e nos coñezas mellor, nos preguntes e coñezas o noso xeito de traballar. Somos moi descoñecidos e queremos ser unha das túas opcións para escolarizar o teu fillo/a.

Non o dubides, chámanos ó  616440471 ou envíanos un mail: cra.boqueixon.vedra@edu.xunta.es e concertamos unha visita. Agardámoste¡¡¡

 

admision

RESERVA DE PRAZA

ATENDENDO A NORMATIVA VIXENTE SOBRE ADMISIÓN DE ALUMNADO (ORDEN de 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedimento para a admisión d alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bachillerato reguladas na Ley orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación. DOG 15-03-2015/ e modificada pola Orde do 25 de xaneiro de 2017 )
 
ÁBRESE O PRAZO PARA FACER A RESERVA DE PRAZA PARA OS 
NENOS/AS QUE PASAN A 1º ou 3º de PRIMARIA NOS CENTROS
 AOS QUE ESTÁ ADSCRITO O
CRA DE BOQUEIXÓN-VEDRA “NEIRA VILAS”:


( CPI PLURILINGÜE DE VEDRA/ CPI ANTONIO ORZA COUTO)

 
 
Escolas de San Fins, San Xian, Sarandón e Lestedo   .................    CPI Plurilingüe de Vedra
 


Escolas de Sergude e Camporrapado ........................................   CPI Antonio Orza Couto de Forte

 
Os alumnos/as que desexen  formalizar a reserva da praza nestes centros terá que cubrir  o anexo 1 modelo ED550A ( que se facilitará nos centros) ben a mano u a través da aplicación: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/   e presentala  no CRA na escola ao titor/a
 
 
PRAZO DE ENTREGA DA RESERVA: DO MERCORES 1 ATA MERCORES 15 DE FEBREIRO DE 2016
 
 

Ø 

As familias que non opten á reserva de praza nos centros adscritos, deberán esperar ao prazo ordinario de solicitude de

admisión: Do 1 ao 20 de marzo de 2016.
 
A reserva de praza no centro adscrito NON é compatible
coa presentación dunha solicitude de admisión nun centro novo.

 

Resultados das eleccions do Consello Escolar

    O pasado 29 de novembro celebráronse as eleccións dos membros do Consello Escolar do centro. Nesta ocasión tiñan que renovarse dous representantes de pais/nais, un deles proposto pola ANPA e outro elexido en votación no centro, e máis un mestre.

     O resultado da votación foi o seguinte:

      - Representantes dos pais: David Pereira Sanchez ( ANPA)

 

                                              Yolanda Costa Regueira------ 53 votos

                                              José A. Carrillo Pulleiro------- 23 votos

 

      - Representante dos mestres: Mª de la Cruz Martínez García

Distribuir contido

PLAMBE

EDLG

Robótica Educativa

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión