Festas, conmemoracións e saídas

MATERIAL ESCOLAR PARA O VINDEIRO CURSO 2021-2022

Xa nos poñemos a andar para o vindeiro curso e para iso, poñemos á vosa disposición as listaxes do material das diferentes escolas que forman o noso CRA. Atoparedes a información dos diferentes materiais premendo nos arquivos adxuntos da parte baixa de esta publicación. Podedes poñervos en contacto coa AMPA antes de mercarlo.

RUKUTRÚ 20/21

 

      Un ano máis chegou ó CRA a revista do Rukutrú. E como peculariedade trátase dun monográfico que xira arredor do proxecto que estivemos traballando anualmente sobre o Camiño de Santiago. Démoslle formato de xornal recollendo, nun producto final, as noticias dese fantástico telexornal das que foron protagonistas. Para abrila tedes que premer enriba da imaxe e para moverse pola presentación utilizar as frechas cursoras do teclado. Esperamos ca disfrutedes tanto coma nós!!!

 

rukutru portada

 

 

Formalización de Matrícula para o vindeiro curso 2021-2022

O período de matrícula para o alumnado de nova incorporación vai do 20 ao 30 de xuño, ámbolos dous inclusive. 

Co fin de facilitar o proceso, será preciso pedir cita no número de dirección: 616440471, tal como se indica no  documento adxunto (Formalización de matrícula) no que tamén se expecifica a documentación necesaria que debe acompañar á matrícula. Por outra parte, tamén adxuntamos o Anexo que deberán cumplimentar para facer efectiva a matrícula (AnexoIII), a autorización de imaxe, a autorización para cando se fan as saídas pola contorna da escola e o custionario de lingua materna, que se refire á lingua que fala habitualmente o neno/a. Ademáis, informamos a todas as familias que o 21 de xuño recolleranse as matrículas na escola de Lestedo e na de S Fins e os días restantes xa será na sede do CRA, en Lestedo. Importante lembrar que todos os días será con cita previa. Un saúdo e graciñas!!

AXUDAS FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021-2022

AXUDAS FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021-2022

A Consellería de Educación vén de publicar a Convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto, participación no fondo solidario e de axudas para a adquisición de material escolar.

Estas axudas son so para alumnado que curse Educación Primaria no curso 21-22:

DESTINATARIOS:

- Alumnado de 1º e 2º Primaria: Axudas para adquisición de libros.

-Alumnado de 3º e 4º Primaria: Beneficiario do Fondo Solidario

REQUISITOS:

      Renda per cápita familiar inferior ou igual a 10.000 €.

 

- Alumnado de Primaria: Axudas para adquirir material escolar.

REQUISITOS:

     Renda per cápita familiar inferior ou igual a 6000€.

     Ou discapacidade igual ou superior ao 65%. 

     Ou garda/tutela pola Xunta de Galicia.

 

A presentación será preferiblemente por vía electrónica (Aplicación Fondolibros) ou de forma presencial na sede do CRA en Lestedo, debendo gardar as medidas de protección sanitaria con motivo da situación polo COVID-19 (marcarilla, distancia de 2 m.): os mércores de 9:00 a 14:00h

IMPORTANTE:

O anexo II da solicitude debe ser asinado por TODOS os membros da unidade familiar, agás o solicitante.No caso de menores de idade, este documento deberá ser asinado por un dos proxenitores, titor/a ou representante legal.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

Solicitude (anexo I e anexo II debidamente asinados)

Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.

En caso de non dispoñer de libro de familia, só en casos excepcionais, poderase aceptar:

- Certificado ou volante de convivencia.
- Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
- En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
 
Terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2019, agás no relativo á violencia de xénero que se aplicará o disposto na lexislación específica.

O prazo de presentación de solicitudes é ata o 22 de xuño.

Podedes acceder aos seguintes enlaces, nos que atoparedes toda a información necesaria:

SOLICITUDES

FONDOLIBROS

SEDE ELECTRÓNICA

O alumnado que pasa para 1º,2º e 3º e faga entrega presencial da solicitude, deberá levala ao Centro no que continuará os seus estudos o vindeiro curso 2021/2022, sempre que esté xa admitido.

Para calqueira dúbida, poñédevos en contacto coa dirección do centro no teléfono 616440471.

DEBIDO A SITUACIÓN NA QUE NOS ATOPAMOS ESTABLÉCENSE AS SEGUINTES NORMAS:

-RECOMÉNDASE A PRESENTACIÓN TELEMÁTICA DA SOLICITUDE A TRAVÉS DA APLICACIÓN FONDOLIBROS

-SI DE XEITO EXCEPCIONAL FACEDES ENTREGA PRESENCIAL, SOAMENTE DE SE ATENDERÁ CON CITA PREVIA NO TELÉFONO 616440471Á HORA DE ENTREGAR A DOCUMENTACIÓN SOLICITADA, SOAMENTE SE PERMITIRÁ A ENTRADA DUNHA ÚNICA PERSOA NO CENTRO, SALVO CASOS DEBIDAMENTE XUSTIFICADOS.

Prevención e estratexias no uso das novas tecnoloxías

Compartimos esta información sobre prevención e bo uso das novas tecnoloxías, a cal consideramos de gran interese e de axuda para todas as famillias, tanto a nivel profesional como personal. Todo isto no momento que vivimos, no que o auxe das novas tecnoloxías é unha realidade e para iso agradecemos que dende o concello nos deran resposta ás nosas inquedanzas. Deste xeito, convidámosvos asistir para poder botar man de estratexias, pautas e ata sinais de alarma para que este auxe nunha chegue a ser un problema. Vémonos!!

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE A ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2021-2022

Poñemos en coñecemento das familias que reservaron praza para os seus fillos/as no noso centro, durante o período de admisión que rematou o pasado 20 de marzo, que TODO O ALUMNADO ESTÁ ADMITIDO. A formalización de matrícula  será do 20 ao 30 de Xuño. Máis adiante xa nos poñeremos en contacto con todas as familias.

Quen esté interesado en ver a listaxe terá que entrar nas aplicación de admisión alumnado con chave 365 ou vir á sede do CRA, os mércores en horario de 9 a 14 horas ou concertando outro horario chamando ao teléfono da dirección do centro:616440471.

Un ano máis, grazas pola vosa confianza!!

VACANTES PARA O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 2021-22

Adxuntamos o documento no que se describen as vacantes que ofertamos por escola para a admisión do alumnado para o vindeiro curso escolar 2021-2022

Reserva de plaza en centros adscritos

Todo o noso alumnado que solicitou praza nos centros adscritos, dígase CPI Plurilingüe Antonio Orza Couto e CPI Plurilingüe de Vedra, foron admitidos para o vindeiro curso 2021-2022. A listaxe está no interior das nosas escolas. Un saúdo

Aposta por un ensino Público, Rural e en Familia.

Un ano máis, comeza o período de admisión, nesta ocasión tócalle a quenda aos nenos e nenas nados no 2018 e que comezan a súa andaina escolar no vindeiro curso. Este ano por mor da situación sanitaria que estamos a vivir, nos vos podemos convidar a coñecer as nosas 6 escolas e ter a Xornada de Portas Abertas que viñamos celebrando estes anos. Pero aquí estamos para calqueira dúbida que poidades ter acerca do noso funcionamento, das nosas instalacións ou calquera dúbida que vos poida xurdir en calquera delas, xa ven sexa nas de Boqueixón: Camporrapado, Lestedo e Sergude ou ben no concello que Vedra: Sarandón, S Fins e S Xián. Convidámosvos a que visitedes o noso blog: http://rukutru.blogspot.com/ e deste xeito, poidades ver algunha das actividades que levamos a cabo no noso día a día.

Esperamos que para o vindeiro curso continuemos coas nosas saídas mensuais como o Pasabodeghiñas, concertos e sen esquecer os 2  festivais anuais e mesmo a gran festa de fin de curso, organizada pola ANPA na que se "licencian" dun xeito moi especial aos que rematan ciclo.

Cremos firmemente que o mellor xeito de aprender é o contacto directo e da experiencia. Si xa de por si, somos uns privilexiados por situarnos no rural e rodeados de natureza, sempre aproveitamos saídas para aprender máis da nosa contorna e todo iso como si fósemos unha gran familia. 

Por iso, convidámosvos a apostar por un ensino público, rural e de calidade e con un lema,  "Educando en familia",  que quere amosar a importancia que son para nós o voso mellor tesouro. os voso fillos e fillas. 

Agardámosvos!!!

 

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021-2022

Admisión: do 1 ao 20 de marzo de cada ano, ambos incluídos. A solicitude preferiblemente cubrirase na aplicación

admisionalumnado e presentarase en Sede Electrónica ou, de forma presencial, na sede do CRA, os mércores en horario de 9 a 14 horas. de non ser posible este horario, chamar ao telf. do centro: 616440471. Este ano, por mor da situación que estamos a vivir non se recollerán nas escolas.

No caso da reserva ou da admisión, cando o último día do prazo sexa non lectivo prorrogarase ata o primeiro día lectivo inmediato seguinte

NOTA INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS

Débese ter en conta que só se pode presentar unha única solicitude no centro que se pon en primeiro lugar. O incrumprimento desta obriga provoca a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

  1. O alumnado que ten garantida a permanencia no centro, no caso de presentar solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo.

  2. Si o alumnado ten praza reservada nun centro e presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitude de admisión

  3. A solicitude poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillos/as comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.  Nos demais casos requírese a sinatura dos dous titulares. agás que a patria potestade estea atribuída a un deles con carácter exclusivo, ou en situacións de vilencia de xénero.

SOLICITUDES:

https://www.edu.xunta.gal/axudaplicacion/files/admisionalumnado/ED550B-G.pdf

Tamén se pode descargar no arquivo adxunto, como versión autocompletable, que atoparán ao final de esta publicación.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • No caso de que non se faga a solicitude telemática deberá entregarse o impreso de solicitude cuberto
  • Copia do DNI da persoa solicitantes e dos membros da unidade familiar 

  • Copia do libro de familia

PUBLICACIÓN DE LISTAXES:

  • Provisional: antes do 25 de abril. O prazo de reclamación de puntuacións é de 5 días hábiles dende o seguinte á súa publicación

  • Definitiva: antes do 15 de maio

    As persoas solicitantes que conten cun certificado dixital ou chave365 poderán consultar as listaxes correspondentes á súa solicitude ou solicitudes a través da aplicación admisionalumnado

LEXISLACIÓN: 

  •  DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA:

O alumnado admitido formalizará a súa matrícula do 20 ao 30 de xuño.

 

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2021/2022

Iniciamos o procedemento de admisión coa RESERVA DE PRAZA EN CENTRO ADSCRITO

O alumnado do CRA Boqueixón-Vedra "Neira Vilas" que remate a súa escolarización no CRA, neste curso escolar e vaia continuar a súa escolarización nos centros adscritos correspondentes:

  • CPI Antón Orza Couto (Forte): Escolas de Camporrapado e Sergude  
  • CPI Plurilingüe de Vedra: Escolas de Lestedo, San Fins de Sales, Sarandón e San Xián de Sales,

terán que realizar a solicitude de reserva de praza.

O  prazo de entrega de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ámbolos dous incluídos.

O impreso de solicitude pode recollerse nas escolas do CRA ou descargarse (está publicado como arquivo adxunto a esta nova en galego e castelán). Haberá que entregalo na escola á que o alumno/a asiste o presente curso 2020-2021.

Este procedemento tamén poderá facerse directamente na aplicación Admisionalumnado

Ante calquera dúbida, chamade ao teléfono de dirección do CRA 616440471.

 

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de publicar a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e procedemento de distribución de mascaras entre o alumnado matriculado en educación primaria e Secundaria Obrigatoria.

- Beneficiarios: SOLO ALUMNADO DE PRIMARIA  Aqueles alumnos que foron beneficiarios do Cheque de material escolar. Neste caso as familias non teñen que facer ningún trámite.

Aquelas familias que, por calquer circunstancia, non solicitaron axuda de libros pero a súa renda percápita é inferior a 6000 € (para calculalo imos á renda de 2018, sumamos o recadro 432 maiS o 460 e dividimos entre o número de membros da unidade familiar), deben presentar na secretaría do centro ANEXO I xunto cunha copia do libro de familia.

- Prazo de presentación: do 16 ao 27 de novembro de 2020

O centro comunicará ás familias beneficiarias o momento e o modo no que se fará o reparto.

 

CONVOCATORIA AXUDAS AO ENSINO E TRANSPORTE - CONCELLO DE VEDRA

concello de Vedra ven de convocar AXUDAS AO ENSINO E O TRANSPORTE - Curso Escolar 2020-2021.

As bases pódense consultar na páxina web do Concello de Vedra ou no seguinte enlace:

ENLACE AO BOP

NOVO PLAN DE CONTINXENCIA

Bo dia familias. Poñemos á vosa disposición o novo Plan de Continxencia elaborado para darvos unha información clara de cal sería a metodoloxía e a organización do horario de cada escola ante o posible confinamento tanto dun alumno/a como da escola enteira ou un peche xeralizado de toda actividade presencial.

Ante calquera dúbida xa sabedes que podedes contactar tanto cos mestres/as das escolas nos teléfonos de cada unha ou coa directora no teléfono xeral do centro 616440471.

Un saudiño e moitas gracias a todos e todas polo voso compromiso e esforzo en cumplir todas as novas normas que apareceron este ano.

Xuntos sairemos desto!!!!

ADÍANSE AS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

ELECCIÓNS ao CONSELLO ESCOLAR

Resolución do 22 de Outubro de 2020 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se adía a celebración de eleccións para a renovación dos membros dos Consellos Escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

INFORMACIÓN SOBRE O INICIO DE CURSO

 Estimadas familias!!

Como xa saberedes, o vindeiro 10 de setembro dará comezo o curso 2020-2021, un novo curso que sen dúbida será moi atípico, ainda que coa colaboración de tod@s, sen dúbida sairemos victorisoso de esta situación que nos tocou vivir.

Para todo o noso alumnado  o centro abrirá as súas portas o 10 de setembro, agás para os do último curso de infantil, 6º de infantil, que será ao día seguinte, o 11 de Setembro. Para máis información, deixámosvos a ligazón ao Portal Educativo da Xunta, onde explica como será esta incorporación por cursos: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/31769

Asemade, presentámosvos o período de adaptación, que afecta ao alumnado de 3 anos que se matriculou por primeira vez no segundo ciclo de Educación infantil. Este perído abrangue dende o 10 ao 30 de setembro e no seguinte cadro podedes ver como se levará a cabo:

Por outra parte e como ben sendo habitual, teremos a xuntanza de inicio de curso, pero este ano será no exterior de cada escola, para deste xeito, poder darvos toda a información de primeira man e poder solventar as posibles dúbidas que xurdan. Estas xuntanzas faranse os seguintes días e no horario que se indica:

Por último, lembrarvos que pola situación que estamos a vivir, só poderá asistir unha persoa por familia, respetando a distancia de seguridade e con máscara de protección. Moitas grazas a tod@s pola vosa comprensión. Agardámosvos!!

Matrícula para o vindeiro curso 2020-2021

O período de matrícula para o alumnado de nova incorporación vai do 1 ao 10 de xullo ámbolos dous inclusive. 

Co fin de facilitar o proceso sen ter que desplazarse ao Centro, poden enviar a documentación escaneada e firmada, ao correo electrónico: cra.boqueixon.vedra@edu.xunta.es poñendo no asunto Matrícula e nome do alumno/a. Asemade, tamén se pode pedir cita previa, tal como se indica no  documento adxunto (Formalización de matrícula) no que tamén se expecifica a documentación necesaria que debe acompañar a matrícula. Por outra parte, tamén adxuntamos o anexo que deberán cumplimentar para facer efectiva a matrícula (AnexoIII) e o cuestionario, para saber a lingua materna do alumno/a. Un saúdo!!

MATERIAL ESCOLAR PARA O VINDEIRO CURSO 2020-2021

Poñemos á vosa disposición os listados de material das diferentes escolas que forman o noso CRA para o vindeiro curso. Atoparedes a información dos diferentes materiais premendo nos arquivos adxuntos da parte baixa de esta publicación. Poñédevos en contacto c@s representantes das escolas da AMPA antes de mercar.

RETOS: SEMANA DO 15 AO 19 DE XUÑO

 Esta é a derradeira semana dos retos que vos levamos propoñendo ao longo de este trimestre. Agardamos que os disfrutárades tanto como nós. Unha aperta enorme e que teñades un feliz verán, no que a saúde e ánimo sexan a mellor das rutinas. Ata pronto!!

       

                               

        

RUKUTRÚ 19/20

 Xa está aquí  a revista Rukutrú 19/20 na que podedes ollar moitos dos traballos que fixemos nas escolas, ó longo do curso, así como outras actividades lúdico-didácticas que realizamos. Para abrila tedes que premer enriba da imaxe e para moverse pola presentación utilizar as frechas ou premer sobre as páxinas co cursor do rato. Se queredes saír, pinchar no X. Esperemos que vos guste!!!!

 

RETOS: SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO

 

  

                            

        

RETOS: SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO

 

      

                            

        

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE A ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2020-2021

Poñemos en coñecemento das familias que reservaron praza para os seus fillos/as no perríodo de admisión que rematou o pasado 18 de maio no noso centro, que TODO O ALUMNADO ESTÁ ADMITIDO. A formalización de matrícula  será do 1 ao 10 de Xullo. Máis adiante xa nos poñeremos en contacto coas familias interesadas.

Quen esté interesado en ver a listaxe terá que entrar nas aplicación de admisión alumnado con chave 365 ou vir á sede do CRA, para o que terá que pedir cita previa no teléfono:616440471.

RETOS DA SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO

 

        

                                 

        

AXUDAS FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020-2021

A Consellería de Educación vén de publicar a Convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto, participación no fondo solidario e de axudas para a adquición de material escolar.

En dita publicación, que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia o día 19 de maio de 2020, produciuse un ERRO, que aparece na páxina 20658:

O recadro da base impoñible xeral da declaración do imposto sobre a renta das persoas físicas do exercicio 2018, aparece o 432 cando o correcto e que hai que ter en conta é o 435. Farase a corrección no Diario Oficial de Galicia.

Prazo de presentación: do  20 de maio ao 19 de xuño.

Podedes acceder aos seguintes enlaces, nos que atoparedes toda a información necesaria:

SOLICITUDES

FONDOLIBROS

SEDE ELECTRÓNICA

O alumnado que pasa para 1º,2º e 3º e faga entrega presencial da solicitude, deberá levala ao Centro no que continuará os seus estudos o vindeiro curso 2020/2021, sempre que esté xa admitido.De non ser así entregarase no Centro no que está matriculado este ano.

Para calqueira dúbida, poñédevos en contacto coa dirección do centro no teléfono 616440471.

DEBIDO A SITUACIÓN NA QUE NOS ATOPAMOS ESTABLÉCENSE AS SEGUINTES NORMAS:

-RECOMÉNDASE A PRESENTACIÓN TELEMÁTICA DA SOLICITUDE A TRAVÉS DA APLICACIÓN FONDOLIBROS

-SI DE XEITO EXCEPCIONAL FACEDES ENTREGA PRESENCIAL, SOAMENTE DE SE ATENDERÁ CON CITA PREVIA NO TELÉFONO 616440471Á HORA DE ENTREGAR A DOCUMENTACIÓN SOLICITADA, SOAMENTE SE PERMITIRÁ A ENTRADA DUNHA ÚNICA PERSOA NO CENTRO, SALVO CASOS DEBIDAMENTE XUSTIFICADOS.

No documento adxunto tedes a información resumida sobre este proceso.

Dia das Letras Galegas

Día das Letras Galegas

  Hoxe 17 de maio todos celebramos o Día das Letras Galegas. Este ano 2020 adicado a Ricardo Carvalho Calero. Lembramos e lemos a súa obra e abrimos esta fiestra da escola cun anaco dun poema do seu libro "Salterio de Fingoi":

        "Mais cintilas abrollan. Alguén abre a fiestra,
      alguén acende a luz na estancia dos cativos.
       Un despertar, un esfregar os ollos,
      unhas salgadas bágoas, uns beiciños,
      un berrar pola nai. Mais despertos ficamos.
      E recibir podemos a presenza paterna
      que ven a nos dicer: ergue-te e vai á escola.
       Se non adeprendéramos o duro silabário,
     nunca ler poderíamos no libro das estrelas".

    Feliz dia do idioma e  "Por mil primaveras mais!".

RETOS: Semana do 18 ao 22 de Maio

 

             

                                 

        

Período de admisión. Agardámoste!!

Si buscas unha escola na que o trato personalizado e os mellores recursos están ao alcance da túa filla ou fillo, este é o teu centro. Educando en familia en grupos reducidos e nun entorno rural. Como di o noso profe Antonio...Contádeo!!!

Para máis información sobre a documentación da admisión preme na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/centros/craboqueixonvedra/?q=node/663

 

RETOS: Semana do 11 ao 15 de Maio

 

   

                          

        

Distribuir contido

PLAMBE

EDLG

Robótica Educativa

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión