Esquema de temas
INTRODUCCIÓN
CASTRO CALDELAS
Con este proxecto achéganse ferramentas didácticas para axudar ao alumnado a coñecer a súa comarca desde as distintas perspectivas das materias que se traballan no centro.
01.-MATEMÁTICAS
En cada zona de Galicia as medidas antigas tiñan unha equivalencia distinta. A que figura nesta unidade é a máis usada na terra de Caldelas.
02.-LINGUA GALEGA
03.-MÚSICA
Unha das características musicais da comarca de Caldelas é a celebración anual nestas terras da coñecida Danza das Cocas. Neste tema imos coñecer mais a detalle os rasgos que caracterizan esta danza propia desta zona.
Coas actividades que aquí se achegan, podes descubrir qué coñeces xa de antemán desta fermosa danza da comarca de Caldelas
Nesta parte traballaremos qué se entende por danza e, a partires do coñecemento da localización dos distintos concellos da comarca de Caldelas, en qué lugar da nosa comarca se desenvolve a coñecida Danza das Cocas.
Nesta parte, achégaremonos á música que se emprega na coñecida Danza das Cocas. A través da partitura e dun vídeo facilitarásenos a interpretación instrumental da súa música.
O principal dunha danza é o movemento do corpo ao son da música. Logo, nesta parte traballaremos os distintos pasos da danza seguindo o ritmo e estrutura da música traballada no apartado anterior.
Coas actividades que aquí se achegan, facilitarase un repaso xeral de todo o traballado sobre a Danza das Cocas.
04.-CIENCIAS SOCIAIS
Unha visión xeral sobre o monacato na Terra de Caldelas.
05.-FÍSICA E QUÍMICA