Pandeirada do bó e do mal tempo
           

Quente como un corazón
nos secos beizos da terra
oxe deita sangue o sol.


O vento é bon tecelán
que côs novelos das nubens
faille unha sabán ao mar.


Soa o mar como un pandeiro
nos cons da costa baruda
baticado pol-o vento.


O sol berróu coa mañán,
ela ten bágoas nos ollos
él non saíu a alumear.


Pra tomar pulo no vô
o sol póusase na terra
nos uzales do Avión.


Cando vai pechando a noite
a neve con medo ao lobo
ven baixando poI-o monte.

Última modificación: Martes, 6 de Setembro de 2016, 16:20