Esquema de temas

  • Intencións

    E cazarémo-la vela

    sobre o torso rebelde das tormentas

    pra trincar a escota dunha ilusión.

    Manuel Antonio, "Intencións" en De catro a catro

    Este espazo nace para acoller os traballos poéticos  (ou cando menos unha parte) realizados ao longo do curso 2018/2019 e 2019/2020 polo alumnado de 1º, 2,  3º e 4 de ESO na materia de Lingua Galega e Literatura. É un noso cartafol  do que esperamos non perder as follas coma acontecía no poema de Manuel Antonio. Iniciamos pois a nosa viaxe e por iso escollemos unha fotografía do paquebote Constantino Candeira, no que navegou Manuel Antonio e un cartel das bibliotecas escolares para ilustrala. Un curso de poéticas diversas!

  • Proxectapoemas

    O noso periplo polo Plan Proxecta deixou un ronsel de poemas cando menos nas aulas de 1º e 3º de secundaria.

    "Pretendo hoxe dar a palabra ás voces que terman da paisaxe galega. Escoitar tanto as da materia prima, en linguaxe científica, coma as da ollada literaria."

    Marilar Aleixandre, Voces termando da paisaxe galega.

  • Diverpoesansa 2019/2020

    Estes sons algúns dos poemas deste curso... Diverpoesansatízate!

    Tatiana Yablonska

  • Enlaces e recursos sobre poesía

    Enlaces e recursos sobre poesía na nosa web.