Videotitorial: O sistema de videoconferencia Falemos

Este novo sistema de videoconferencia está baseado no programa libre chamado Jitsi e permite realizar sesións de traballo compartindo chat de texto, voz e vídeo.

É un sistema de manexo sinxelo pero bastante completo para as nosas necesidades. 

Cando creamos unha nova conferencia, poderemos reutilizalas as veces que queiramos. 

Se o nome da mesma fose Debuxo4eso2021CPISansa podería usala durante todo o curso indo sempre á mesma ligazón e poñendo o contrasinal. 

Podemos tamén configurala para que non entre ninguén nela cando non está o anfitrión ou creador da mesma. No noso caso, o profesorado que a creou para realizar sesións de traballo co alumnado, por exemplo.

Permite ademais axustar a calidade do vídeo para aforrar ancho de banda cando temos unha conexión a internet con pouca capacidade de subida de datos 

 .

Neste vídeo podedes ver unha pequena explicación do seu manexo. 

Falemos está en https://falemos.edu.xunta.gal


Última modificación: Martes, 10 de Novembro de 2020, 16:31