Recomendacións para o traballo con baixa conectividade

O noso alumnado traballa con conexións de media e baixa conectividade cando comparamos o ancho de banda das conexións rurais coas conexións de fibra das cidades. Para os casos que por diversos problemas non teñen conexión a internet, veremos tamén algunhas posibilidades.

As conexións a internet de fibra van dende os 50 Mbits as máis sinxelas aos 600 Mbits de media. Ademais con frecuencia son simétricas na subida e na baixada de datos. 

Temos que lembrar que na medición da transmisións de datos a unidade empregada é o Megabit (Mbit) equivalente a 1.000.000 de bits que con moita frecuencia confúndese co Megabyte (MB) empregado para ficheiros que equivale a 1.000.000 de bytes. E que un byte equivale a 8 bits.

Na transferencia de datos, documentos, ficheiros, streaming de vídeo, etc, a calidade da conexión marca a diferencia.

A conectividade rural caracterízase por:

  • Conexións ADSL de entre 1 e 10 Mbits de baixada e entre 0,1 e 2 Mbits de subida. (A subida de datos nestas circunstancias é moi lenta e dificultosa, especialmnete para vídeo)
  • Conexións Wimax, con algo máis de velocidade pero máis irregulares ante mal tempo ou por interferencias.
  • Conexións por satélite tamén irregulares e propensas a interferencias.
  • Conexión por teléfono móbil ou internet con 3G (lento) ou 4G (mellor pero con peor cobertura en parte do rural)
  • Todas estas conexións son asimétricas.

Os problemas de conectividade de parte do alumnado poden ser:

  • Por descarga de datos.
    • De recepción de vídeo en streaming (videoconferencia)
    • En ocasións o streaming de son de alta calidade con conectividade moi baixa.
    • Descarga de documentos, vídeos. imaxes de gran tamaño.
  • Por subida de datos.
    • A subida de ficheiros de máis de 15 ou 20 MB pode ser moi lenta para algunhas conexións.
    • Tempos pouco asumibles para mandar grandes ficheiros de máis de 100 MB. (Lembro o caso dun alumno que deixou o ordenador aceso toda a noite a parte do día seguinte para mandar un vídeo moi grande)
    • Dificultade para facer streaming de vídeo nas videoconferencias.

Representación consumo de internet inmediatez na comunicación

Recomendacións de traballo.

Con documentos de texto editables, presentacións, PDF... 

  • Facer documentos pequenos, coa extensión mínima necesaria.
  • No caso de que leven gráficos ou imaxes, reducilas ao tamaño mínimo e adecuado para que se vexan correctamente e usar as indispensables.
  • Exportar a PDF tendo en conta a finalidade do mesmo (ver ou imprimir)

Con Imaxes

  • Empregar imaxes pequenas.
  • Escoller o tipo de imaxe que menos ocupa. JPG en primeiro lugar, PNG ou GIF cando necesitamos transparencia.
  • Usar unha ratio de compresión adecuado (85 en JPG é suficiente).
  • Poñer as imaxes en branco e negro para esquemas ou gráficos sinxelos.


 

 

Neste vídeo vemos como axustar o tamaño das imaxes para poñer na aula virtual ou en documentos para descargar...

Con vídeo e son

  • En plataformas externas como Youtube, os vídeos convértense a varias calidades e adáptanse á velocidade da conexión. 
  • Mellor facer unha explicación nun vídeo pequeno que poidan descargar no ordenador para velo cando queiran.
  • Comprimir os vídeos para que ocupen menos espazo no disco e a descarga dende internet sexa o máis rápida posible.
  • Empregar frecuencias de  mostraxe baixas para o son (22050 ou 44100 é suficiente).

Estas recomendacións son importantes tamén para o alumnado que dispoñendo con frecuencia de conexións con pouca velocidade de subida mandan ficheiros moi grandes o que provoca neles frustración.

 

 

   Neste vídeo vemos a forma de converter vídeos para alixeiralos o máximo posible.

Algunha recomendación extra para o alumnado:

  • Baixar a resolución das imaxes nas opcións da cámara do móbil. Unha imaxe cunha resolución de 6 MB (3000x2000) é case sempre máis que suficiente para ver e imprimir e de 3MB (1600x1900) tamén.
  • Baixar a resolución do vídeo da cámara do móbil á mínima posible. Pode ser suficiente con 640x480 ou HD simple (1280 x 720) como moito.
Alumnado sen conexión a internet na casa.

No caso de alumnado que non dispoña de conexión a internet na casa, sexa esta permanente ou provisional, recomendamos...

Tendo teléfono móbil:

  • Empregar o correo electrónico para contactar e mandar tarefas.
  • Dependendo dos datos que teña no móbil o alumno ou a familia:
    • Compartir a wifi do móbil co ordenador ou portátil para entrar na aula virtual.
    • No caso de non ter ordenador e dispoñer dunha tablet, usar a wifi do móbil dende a tablet para entrar na aula virtual.
    • Non dispoñendo de ordenador nin tablet, empregar o móbil para entrar na aula virtual se fose necesario, pero de preferencia mandar as tarefas ao correo do alumno tendo verificado que os recibe correctamente.
  • No caso de non ter teléfono móbil:
    • Ver a posibilidade de que algún compañeiro/a próximo poida facer de intermediario.
    • Imprimir e mandarlle as tarefas sempre que fose posible.

Agora xa podes facer as seguintes tarefas que xa rematamos!





Última modificación: Martes, 10 de Novembro de 2020, 18:17