Recursos e ferramenta para a baixa conectividade.

Para traballar en situacións de baixa conectividade existen algúns recursos externos que poden ser de interese porque facilitan a comunicación e a transferencia de datos por ser lixeiros e non facer un uso  intensivo de elementos pesados (imaxes, vídeo,...)

Hai que ter en conta sempre que o uso de ferramentas externas require tomar sempre en consideración certos criterios relacionados coa protección de datos.  A información que poidamos achegar neste tipo de aplicacións, mesmo se a comunicación é encriptada, pode ser nalgúns casos pública.

Teremos en conta:

  • O uso da aplicación non necesita rexistro nin datos persoais do alumnado.
  • A aplicación é lixeira e de baixo consumo de ancho de banda.
  • Facilita a comunicación co alumnado ou algún aspecto do noso traballo que non cobren as plataformas educativas institucionais.
  • Non poremos datos persoais de ningún tipo cando traballamos con estas ferramentas, especialmente cando son centralizadas.
  • No caso de aplicacións para descargar/instalar ou de carácter descentralizado (P2P) manteremos os mesmos criterios de protección de datos pero as conversas ou o intercambio de información enténdese que son privadas e visibles de forma exclusiva polos participantes.
Recursos e aplicacións de interese:

  • Etherpad: Editor sinxelo e colaborativo no que os participantes poden usar un nome ou alcume e teñen unha cor diferenciada que aparece en tódalas achegas por escrito que fagan. Pode valer para traballos colaborativos e mesmo a modo de chat.
  • EtherCalc: Folla de cálculo colaborativa similar a Etherpad.
  • PeerPad: Outro editor colaborativo que admite markdown para facer os documentos.
  • Privatebin: para enviar mensaxes encriptados e confidenciais con seguridade. Dándolle ao botón Enviar crea unha ligazón que podemos enviar á persoa que queiramos para que teña acceso ao texto.
  • Tox: Aplicación P2P libre e segura para chat de texto, voz, vídeo e para mandar ficheiros.
  • Jami: Aplicación libre, encriptada e descentrlizada para mensaxes de texto, chamadas de voz e videoconferencia.
  • Mumble: Aplicación para conferencias de voz de baixa latencia.
  • CryptPad: Conxunto de aplicacións en liña e privadas: Edición de textos, folla de cálculo, presentacións, enquisas... (relativamente lixeiro)
  • invidious: Permite buscar e ver vídeos de Youtube nunha web máis lixeira e consumindo menos ancho de banda...
  • Markdown: Linguaxe de marcado de textos lixeiro que permite editar textos con formato, ligazóns, imaxes, táboas, etc; nun editor de texto plano. Isto faino moi lixeiro para enviar e descargar. Existen diversos editores libres para móbiles, e diferentes sistemas operativos.
  • Dillinger: Editor en liña de markdown con visualización ao vivo.
  • Whiteboardfox: Encerado no que podemos traballar e compartir cunha ligazón para que outros vexan. Consume moi pouco ancho de banda.
  • Audacity: Editor e gravador de son interesante para realizar Podcast para poñer na Aula Virtual ou enviar ficheiros de son polo correo.
  • Handbrake: Ferramenta para converter e comprimir vídeos.



Última modificación: Mércores, 11 de Novembro de 2020, 18:14