Esquema de temas
Xeral
1.-Idade Media:
Assur: Francisco Narla
Os lobos de Moeche:Manuel Craneo
2.- Século XVI e XII:
El Hereje: Miguel Delibes
Festina Lente: Marcos Calveiro
3.- Século XVIII:
Victus: Albert Sanchez Piñol
Donde se alzan los tronos: Angeles Caso
4.- Século XIX
The Corunna boats: Xelis de Toro
5.-Século XX
Guerra Civil Española e Posguerra (1936-1939...):
Los Girasoles Ciegos: Alberto Méndez
La voz dormida: Dulce Chacón
Mala Gente que Camina: Benjamin Prado
A Revolución dos caraveis
Resistencia: Rosa Aneiros
6.- Xeografía Física:
A volta ao mundo en 80 días: Julio Verne
Viajes con Heródoto: Ryszard Kapuscinski.
Tódolos portos se chaman Helena: Joan Barril
A medición do mundo: Daniel Kelhmann
7.- Os problemas do noso tempo:
Globalización
La vuelta al mundo de un forro polar rojo: Wolfgang Korn
Os problemas da migración
De fel e de mel: Patxi Zubizarreta
Atentados Terroristas
A cidade en chamas: Joaquin e Ariel Dorfman
O ascenso dos fundamentalismos Relixiosos
Persépolis: Marjane Satrapí
A Guerra de Irak
Irmán do vento: Manuel Lorenzo Gonzalez
Tema 1
A Idade Media
Assur: Francisco Narla
O heroe que xurdeu de terras galegas para vengar as incursions vikingas na nosa zona. É un relato trepidante plagado de aventuras e cunha rigurosa documentación histórica. En plena Reconquista, os normandos invaden as terras de Galicia para facerse cós tesouros de Santiago de Compostela, a xoia da cristiandade. Assur, un rapaz de doce anos, emprenderá a búsca da sua familia ata que é apresado polos mesmos invasores que arrasaron a súa aldea e mataron á sua familia. Xunto cos nórdicos percorrerá os máis recónditos paraxes da Europa medieval, conquistará terras y coñecerá o amor. Pero o desexo de recuperar a sua familia lle fará emprender a volta cara a Galicia.
- E Interesante por:
Porque a súa lectura, xa no primeiro capitulo, levanos ao pasado da zona, as Fragas do Eume nos séculos X e XI, ataques as nosas vilas costeiras, as torres do Oeste e a defensa de Santiago etc.. e toda a historia dos viquingos nos seguintes capitulos, seguindo a vida do personaxe Assur, por terras do norte, Groenlandia ata norteamérica...
Os lobos de Moeche: Manuel Craneo
- Trátase dunha aventura gráfica escrita e debuxada por Manel Cráneo e que transcurre no ocaso do século XV.A trama ten como telón de fondo un dos fitos históricos máis representativos da historia de Galicia que ata agora nunca fora tocado desde o cómic en formato album, a Guerra Irmandiña.
- É interesante por:
Porque é ameno e enche de contido histórico o noso patrimonio, só tedes que ir ao castelo despois de ler o comic pechar os ollos e transformarse en Lopo loitando nas guerras irmandiñas...
Tema 2
Século XVI e XVII:
- En 1517, naceu na vila de Valladolid Cipriano Salcedo, eran tempos de convulsions políticas e relixiosas. Convertido en próspero comerciante,tomou contacto coas correntes protestantes que, de maneira clandestina, empezaban a introducirse na Península. Pero a difusión dese movimento foi progresivamente censurada polo Santo Oficio. O herexe é ante todo un canto apasionado a la tolerancia y la libertad de conciencia. Es tamén a historia de uns homes e mulleres en loita consigo mesmos e có mundo que lles tocóu vivir; unha novela inolvidable
Ë interesante por:
Porque é unha grandisima novela, dunha humanidade inmensa que narra un momento moi complicado da nosa historia, e clarifica moitos conceptos politicos, sociais e relixiosos
Festina Lente: Marcos Calveiro
A novela conta a vida de Ambrosio Cavaleiro, un encadernador nado en Nogueirosa, que desenvolveu toda a súa vida profesional na Compostela que cruza do século XVI ao século XVII. A novela é tamén un retrato da vida cultural da cidade naquel tempo: artesáns de acibeche, impresores, o desastre da Armada Invencible, a Inquisición etc. cunha trama moi de actualidade...só tedes quepensar que se roban valiosos manuscritos...ainda que nesta época non había electricistas..
É interesante por:
O libro é un fresco da ciudade de Santiago, na época dos primeiros impresores e da aparición dos primeiros textos impresos en galego, aprenderedes moita historia, o que a vosa profesora lle encanta e valora moito :)
Tema 3
O século XVIII
- Victus: Albert Sánchez Piñol
- VICTUS é unha novela histórica que narra a guerra de Sucesión española, un conflicto que pode considerarse como a primeira das contendas mundiais e que remata o 11 de septiembro de 1714 có apocalíptico asalto a Barcelona. Tamén é a traxedia de Martí Zuviría, un xoven barcelonés, alumno aventaxado do marqués de Vauban, que se convirte nun xenio da inxeniería militar.
- É interesante por:
Por que é un derroche de información e rigor histórico ao servicio dun relato áxil, potente e desenfadado, que lleva da Francia a Barcelona da época pasando por Madrid, Toledo, Tortosa ou as batallas de Brihuega e Almansa. É tamén unha obra sobre a Barcelona irreductible de 1714, que sufrió un asedio desigual de trece meses e o bombardeo de máis de treinta mil proyectis.
Donde se alzan los tronos: Angeles Caso
- Cando Carlos II, O Enfeitizado, morre sen descendencia, aparecen infinidade de pretendientes ao trono de España. Tras unha serie de conspiracions e intrigas palaciegas, imponse como novo rei o duque de Anjou, neto do rei Sol, que levará o nome de Felipe V. Comenza así unha época convulsa e apaixoante na que unha muller, a princesa dos Ursinos, será a poseedora de todalas claves para alzarse có poder.
- E interesante por:
Ángeles Caso envolvenos cunha magnífica historia de vanidade, de ambición, de codazos na corte, alianzas, conspiracions e sexo, cargada de fina ironía e gran semellanza coa actualidade.
Tema 4
Século XIX
The Corunna boats: Xelis de Toro
Cando Robin Donegan espertou en terras leonesas e viu aquela cantimplora do seu pai arredor do seu pescozo comprendeu que fora abandonado polo exército inglés de Sir John Moore que, perseguido polas tropas francesas, iniciaba a súa retirada camiño do porto da Coruña. Dende entón este afouto inglesiño de trece anos emprenderá unha longa viaxe na procura de “The Corunna boats” na que contará coa axuda, a protección e a amizade da familia do xitano Marcial. Unha viaxe na que coñecerá as penurias e os horrores daquela guerra da francesada, librada en Galicia hai case douscentos anos, e na que ao seu remate deberá escoller a rota que oriente a súa vida
É interesante por:
Xelís de Toro ofrece unha novela de trasfondo histórico, de indubidable carácter iniciático, dirixida ao público xuvenil, onde se abordan os grandes temas e cuestións que interrogan aos mozos de todos os tempos: o amor, a amizade, a familia, o mellor camiño para dirixir a súa vida.
Tema 5
Século XX
Guerra Civil Española (1936-39)
Los girasoles ciegos Alberto Méndez
Tratase de catro relatos, catro derrotas, ambientados no último año da Guerra Civil Española e nos tres anos posteriores. As historias mantense unidas por un fío demasiado lixeiro. A primeira derrota, ambientada no Madrid dos últimos días da guerra fálanos do Capitán Alegría, “El Rendido”, que loitando no bando Nacional rindese aos Republicanos cando as tropas de Franco entraban en la capital española. É considerado un desertor, a pesar de loitar durante toda a guerra xunto aos seus captores. A segunda derrota narra a fuxida dunha xoven parella, él poeta e ela enamorada, xunto có seu fillo. recién nacido, polas montañas. A terceira derrota cóntanos a historia dun preso, que para salvar a súa vida confesa ter coñecido ao fillo do Coronel que o xulga, inventando unha vida chea de heroicidades para un impresentable que timaba e se aproveitaba das víctimas da guerra.O último relato, a última derrota, que tamén da título aolibro, contanos a historia dun home que se esconde nun armario para non ser descuberto pola policía. Oh seu fillo e a sua muller tratan de darlle una vida de libertade entre catro paredes. Trátase dun libro ameno e fácil de leer que nos revela unha visión da guerra dende o bando perdedor, mostrándonola dende unha perspectiva máis humana.
É interesante por:
Por que é unha gran obra de la literatura, porque nos retrata de manera maxistral a situación dos derrotados na guerra civil, derrotas personais, sociais máis crudas que a propia morte, máis duras que perder unha guerra. Ë un libro duro, aviso, pero imprescindible para entender a situación á que conduce perder unha guerra...no fondo calquera guerra- La voz dormida: Dulce Chacón
A obra narra o innecesario sufrimento das republicanas nas cárceles franquistas en los años inmediatamente posteriores al fin de la contienda.Un grupo de mulleres, encarceladas no madrileño cárcere de Las Ventas, comportanse con aboluta dignidade e carraxe como única arma posible para enfrontarse á humillacion, a tortura e a a morte. Conta a historia de Hortensia, Reme, Tomasa, Elvira e máis mujeres, de cómo viven en encarcelamento e cómo acabaron nesa prisión. A obra remata coa historia da filla e a irmá de Hortensia fora do cárcere, outra maneira de enfrontarse á derrota
É interesante por:
Por que reflicte o drama humano dunhas mulleres que non fixeron máis que loitar polas súas ideas, ou nin tansiquera. Reflicte tamén perfectamente a transformación ideolóxica da sociedade, o empobrecemento moral e os cambios lexislativos drásticos e inmediatos que supuxo a victoria franquista.
Mala gente que camina. Benjamín Prado
Dolores Serma é a autora de Óxido, unha novela que está a estudiar, Juan Urbano, o protagonista de Mala gente que camina -un profesor de instituto desencantado de su vida y su trabajo- Este analise levarao a investigar todalas atrocidades que se deixan entrever nun texto tan kafkiano e impregnado de calidade literaria como despreciado polos seus contemporáneos. Prácticas como ese canxe de nenos, arrincados das nais perdedoras e depositados nas casas de familias "decentes". Se eran revoltosos ou mínimamente rebeldes regresaban ao orfanato uo a eses lugares siniestros como a cárcel de Ventas, donde podían ser alimentados con gasolina ata conseguir que as suas nais volveranse tolas.
É interesante por:
Porque es unha novela que denuncia prácticas terribles que para todos só se daban en campos de concentracción a mans de nazis sanguinarios e que se fixeron o noso carón con total impunidade do réxime. "Esta novela surge de una sensación de injusticia; en este país, la transición lo ha tapado todo y nos hemos engañado durante mucho tiempo. Aquel acuerdo político se exportó a otros países, pero lo terrible es que antes habíamos exportado también otras prácticas más siniestras a Uruguay, Chile, Argentina...", afirma el escritor.
A revolución dos caraveis.
Resistencia: Rosa Aneiros
Dinís –un obreiro da fábrica de vidro Irmáns Stephen– e Filipa –filla dun rico comerciante de Coimbra–. namoran perdidamente sen calibrar as consecuencias. O Pinhal do Rei, no oeste portugués, converteuse no testemuño da vida. Pero ninguén pode escapar aos designios do tempo e a vida dos amantes viuse marcada polas adversas circunstancias políticas que desangraron Portugal ata a Revolu-ción dos Caraveis. Para os protagonistas a militancia política non foi unha opción senón unha esixencia e tiveron que pelexar contra a miseria e contra os seus propios sentimentos. E loitaron desesperadamente coa única arma da que dispuñan: a resistencia.
É interesante por:
Porque percorre a historia política e social de Portugal, a través da vida de personaxes pertencentes a varias xeracións, desde os anos vinte ata os anos noventa do século XX. Os personaxes principais –Dinís e Filipa– sufrirán a represión exercida en Portugal durante as dictaduras de Salazar e Marcelo Caetano e formarán parte da resistencia clandestina antifascista; un pano de fondo fundamental entretecido co relato dun bo número de historias de amor.
Tema 6
Xeografía Física
A volta al mundo en 80 días Julio Verne
- A volta ao mundo en 80 días narra as aventuras do cabaleiro inglés Phileas Fogg, que acompañado do seu criado Picaporte, quere demostrar á sociedade da súa época (1872) que é posible percorrer a superficie da Terra en só 80 días. Durante a viaxe, non soamente ten que loitar contra todo tipo de obstáculos (accidentes xeolóxicos e xeográficos, dificultades culturais e de locomoción,...) senón que ten que vérseas cun inspector de policía que confunde a Phileas Fogg cun ladrón, e sobre todo, deben loitar contra o paso das horas.
É interesante por:
Moitas cousas, é moi ameno, é un clásico, axuda a entender como é eso dos fusos horarios, a rotación da terra e moita xeografía descriptiva...ademáis de ser unha estupenda novela de aventuras cun toque moi romántico
Viajes con Herodoto. Ryszard Kapucinsky
Kapuscinski é un polaco de 1932. Heródoto é un griego de 485 aC. Ambos da mesma especie, de esos individuos que viaxan para coñecer, logo descubrir e logo transmitir. Os dous fascinados polo diferente porque“o feito diferencial só existe para subrayar a unidade, en toda a sua plenitude e riqueza”. E os dous contándonos o que ve, o que escoita, o pensado, dunha forma que a ratos é incluso divertida, ese tipo de diversión que aporta a orixinalidade de carácter do que escribe.
É interesante por:
Porque é un libro marabilloso no que se aprende unha barbaridade.Ameno e indispensable, vaivos encantar.
- Tódolos portos se chaman Helena: Joan Barril
Guillen vive en Bruxas, na casa de Pier, o mozo da súa nai, que deberá transportar na súa gabarra uns pianos antigos. Guillen acompañaraos neste percorrido ao corazón de Europa a través dos ríos, dende Róterdan ao Mar Negro. UNha viaxe ne que se producirá o nacemento do amor, o espertar dos sentidos, o espellismo do heroísmo e a presencia da música como grande cohesionadota de tódalas piasaxes da alma.
- É interesante por:
Por que te leva a dar un paseo por toda Europa, podes viaxar dende a tua casa e mentras tanto podes ser testemuña dunha fermosa historia de amor
A medición do mundo: Daniel Kelhmann
Contra a fin do século XVIII, dous científicos alemáns emprenden a tarefa de medir o mundo. Un deles, o xeógrafo Alexander von Humboldt, logo de partir en barco desde a cidade da Coruña, ábrese paso pola selva e a estepa, navega polo Orinoco, proba no propio corpo os efectos dos velenos, métese no interior de covas, escala volcáns, encontra monstros mariños e tópase con antropófagos. O outro, o matemático e astrónomo Carl Friedrich Gauss demostra, sen moverse da súa casa de Göttingen, que o espazo é curvo. De vellos, xa famosos e tamén unha miguiña excéntricos, encóntranse os dous no Berlín de 1828. Pero aínda non ben descendeu Gauss do seu coche de cabalos e xa se ven ambos e dous enredados no tumulto político que segue á caída de Napoleón.
É interesante por:
Por que describe cun sutil toque de humor a vida de dous xenios, as súas ansias e debilidades, os seus paseos pola raia fina que separa a ridiculez da grandeza, o éxito do fracaso. A medición do mundo é un requintado xogo de feitos e ficcións, unha novela de aventuras de extraordinaria fantasía, forza e interese. A historia de dúas aventuras vitais que acabarían por determinar a nosa maneira de entender o mundo.
Tema 7
Os problemas do noso tempo
A Globalización
La vuelta al mundo de un forro polar rojo: Wolfgang Korn
Relata a historia completa dese forro polar rojo, será unha viaxe internacional, pois son moitas as paradas da prenda ata a sua chegada a unha tenda no noso país. O percorrido comenza coa extracción do petróleo nos Emiratos Árabes, o coserá unha xoven costureira en Bangladesh, pasará por Singapur, distribuiráse en Alemania e chegará a España. O forro ten un precio final de oito euros e aínda deixa beneficios. Eso levanos a prantexarnos canto lle haberán pagado á costureira por coselo ou as complexas relacions que hai detrás da globalización. A historia empeza en agosto do 2005 e remata diciembro do 2007.É interesante por:
Por que nos obliga a facernos preguntas como: De ónde ven a tela da camiseta que levas posta? Quén acoseu? En qué circunstancias? Dónde fabricouse o boli que tes na mesa? Normalmente, non facemos este tipo de preguntas nin somos moi conscentes de onde e cómo se elaboraron os productos que utilizamos a diario. En apenas 135 páginas, Wolfgang Korn fainos reflexionar sobre esas preguntas e nos obriga a cuestionarnos as relacions que se establecen no comercio do mundo globalizado.
Os problemas da migración
De fel e de mel: Patxi Zubizarreta
Selim naceu en Imlil, unha aldeíña do Atlas marroquí. Cada ano, polo verán, alí chegaba a o flamante Renault de Mohamed, un veciño emigrado en París. Selim decide iniciar o mesmo camiño: unha longa viaxe cara a Francia na procura de fortuna. Dende as rúas de Marrakesh, onde malvivirá traballando en fedorentas tinturerías e como guía turístico, Selim viaxará ata a península na caixa dun camión. Percorrerá diversas comunidades ata chegar ao País Vasco. Na súa estadía en España atopará o amor e a amizade, pero tamén sufrirá o pesadelo da súa condición de emigrante ilegal. Esta novela de Patxi Zubizarreta, orixinalmente publicada en euskera, é unha contundente denuncia, enchida de tenrura, do noxento contrabando de persoas do inicio do milenio.
- É interesante por:
Porque trata temas de grande actualidade: cultura popular do Atlas marroquí (as tradicións, a gastronomía, as formas de vida…), a memoria da tradición oral das lendas do pobo beduíno, a denuncia da tortura, o transporte ilegal de emigrantes, a vida nas pateras, o mercado de traballo fraudulento, a problemática do racismo e da xenofobia…
Atentados Terroristas
A cidade en chamas: Joaquin e Ariel Dorfman
Heller Higland é un anxo da morte. Durante o verán anterior ao 11 de setembro de 2001, percorre velozmente na súa bicicleta as rúas de Nova York, unha cidade que semella se vai derreter. Heller, un adolescente maduro e consciente das inxustizas que existen no mundo, traballa ao servizo da empresa Noticias Suaves onde é o encargado de entregar as malas noticias. E faino de forma tan amable e considerada que os destinatarios das súas entregas, a maior parte emigrantes rusos, indios ou chilenos, o recoñecen como un mensaxeiro da esperanza.
É interesante por:
Porque “A cidade en chamas”, escrita en colaboración por Ariel Dorfman e o seu fillo, o autor teatral, Joaquín Dorfman, constitúe unha das novelas máis orixinais e exitosas para xoves das publicadas recentemente nos Estados Unidos.
Tema 8
O camiño aos fundamentalismos
Persépolis: Marjane Satrapí
- Marjane é unha nena de nove anos que crece no Irán da Revolución Islámica. A través dos seus ollos vemos cómo as esperanzas do seu pobo quedan rotas cando os fundamentalistas toman o poder. Intelixente e sen medo, Marjane engaña aos "guardians sociais" e descubre o punk, Abba e Iron Maiden. Pero cando o seu tío é executado sin piedade e as bombas caen arrededor de Teherán na guerra entre Irán e Irak, o medo diario que rodea a sua vida é palpable. A medida que crece, a audacia de Marjane fai que os seus pais se preocupen pola sua seguridade. E así, aos catorce anos, toman a difícil decisión de enviala a unha escola en Austria. Vulnerable e soa nun país extraño, resiste os malos tragos típicos dun adolescente. Ademáis, Marjane ten que combatir o feito de ser equiparada cól fundamentalismo religioso e o extremismo dos que tivo que fuxir.
- E interesante por:
Por que explica como pode crecer un mundo de fundamentalismos relixiosos nunha sociedade moi semellante á nosa, e como a intolerancia cambiou a vida a sociedade e a historia dun pais culto e moderno como era o Iran dos 70 e 80
A guerra de Irak
Irmán do Vento: Manuel Lorenzo González
É a historia de Khaled, un rapaz dunha apartada aldea do Iraq que, coma outro rapaz calquera, ten unha familia, ten amigos, unha casa, unha vida, ten un amor, ten proxectos. Ata que, de repente, a guerra. "Irmán do vento" é a crónica da destrución inexorábel de todo canto Khaled é e de canto soña ser. "Irmán do vento" é tamén a narración emocionante da loita contra ese destino imposto e pola recuperación da dignidade e da esperanza.
Irmán do vento é, pois, unha novela de aventuras, dun rapaz iraquí no medio da recente guerra e relatar as condicións de vida do seu pobo en tempos de guerra.
É interesante por:
Por que a novela reflicte cómo a infancia, o sector máis inocente da sociedade, vive un conflicto bélico e sofre as súas consecuencias máis duras, sen ser consciente das causas nin das circunstancias nas que se desenvolve e como non, a inxusticia que destila todo enfrontamento bélico
Tema 9
Tema 10
Tema 11
Tema 12
Tema 13
Tema 14
Tema 15
Tema 16
Tema 17
Tema 18
Tema 19
Tema 20
Tema 21
Tema 22
Tema 23
Tema 24
Tema 25
Tema 26
Tema 27
Tema 28
Tema 29
Tema 30
Tema 31
Tema 32
Tema 33
Tema 34
Tema 35
Tema 36
Tema 37
Tema 38
Tema 39
Tema 40
Tema 41
Tema 42
Tema 43
Tema 44
Tema 45
Tema 46
Tema 47
Tema 48
Tema 49
Tema 50