sagan

"...Después de todo, cuando estás enamorado, quieres contarlo a todo el mundo. Por eso, la idea de que los científicos no hablen al público de la ciencia me parece aberrante"

CARL SAGAN.

Aquí poderás atopar unha boa colección de libros de carácter científico. Están divididos en 6 bloques temáticos. O primeiro é de novelas clásicas que teñen algo da ciencia no seu desenvolvemento. O segundo é de divulgación científica, grandes temas da ciencia tratados por grandes autores. O terceiro está dedicado á novela actual que mestura historias de amor, de amizade, etc coa divulgación científica. O cuarto trata sobre a clásica contraposición do xeito de actuar en ciencia e as pseudociencias que aparentan ser o que non son. O quinto está dedicado aos curiosos, porque son libros que tratan de responder todas esas preguntas que algunha vez seguro que te fixeches e que teñen que ver coa ciencia. E no último a experimentación científica é a grande protagonista; nestes libros poderás atopar experiencias sinxelas de facer incluso na túa casa e que amosarán o lado sorprendente da física ou da química.