Actividades

XA PODES VER O TICODIARIO. FUNDACIÓN TIC

TICODIARIO. O día 21 de outubro os nosos alumnos de 1º e 3º de eso visitaron a Fundación TIC. Despois de facer un percorrido polas instalacións da fundación e recibir información técnica do funcionamento do equipamento, gravaron o Ticodiario.

Campionato de xadrez en Chantada

O domingo celebrouse no casino de Chantada o campionato comarcal de xadrez por idades dentro do programa xogade da Xunta de Galicia.

Participaron os centro de Carballedo, Taboada, Chantada, Escairón e tres de Monforte.

Os mellores clasificados xogarán o día 10 de maio, no centro do viño de Monforte o campionato provincial.

 

Violencia de xénero

Dentro do Plan Director da Garda Civil o mércores 4 de marzo tivemos unha charla sobre "violencia de xénero" na que participaron os alumnos da ESO.

violencia de xenero

 

Campionato de bádminton en Taboada

Na imaxe vemos o noso alumnado participante no campionato de bádminton celebrado o sábado 28 de febreiro en Taboada.

badminton

Powered by Drupal - Design by artinet