Maqueta
Coñecendo a célula animal e a célula vexetal
Ao longo do primeiro trimestre o alumnado de 5ºB de Educación Primaria adentrouse no coñecemento da unidade máis pequena dun ser vivo: a célula animal e a célula vexetal, indagando nos seus compoñentes e o seu funcionamento. Como resultado, cada alumno e alumna realizou a súa propia maqueta, desenvolvendo así a Competencia Científica e a Competencia Artística, nun clima de diversión e aprendizaxe.