Este martes, 16 de abril, o alumnado de 1 de Ed. Primaria, 2º e 4º ESO compartía autobús rumbo a Santiago acompañados polo seu profesorado.
Os máis pequenos, empezaron a mañá visitando o museo de Historia natural no que quedaron perplexos coa cantidade de insectos que viron e que descoñecían e non menos abraiados quedaron cos minerais que alí había. Como colofón, poder tocar as nutrías, aguias,... Pero non rematou aí a súa visita a Santiago, porque como verdadeiros locutores estiveron en directo no programa Voces de Santiago dirixido por Alberto González a quen lle sacaron algún que outro sorriso.
Os de 2º ESO fixeron un percorrido polo casco antigo de Santiago con parada na Catedral e visita incluída ao Pórtico da Gloria. A continuación, dirixíronse cara o Museo das Peregrinacións, onde levaron cabo un percorrido polas súas tres plantas e accederon ao miradoiro na parte superior gozando así dunhas vistas de Santiago pouco comúns.
Pola súa parte, o alumnado de 4º ESO iniciou a mañá no Instituto Galego de Estatística onde comprobaron de primeira man a cantidade de información que alí se manexa e a importancia de participar nas enquisas para a recollida de datos previa a calquera estudo estatístico. Pero non todo foron números, tamén houbo tempo para o arte. Así, continuaron percorrido e realizaron unha visita guiada polo Centro Galego de Arte Contemporánea onde coñeceron a obra do artista lalinense Antón Lamazares a través dunha exposición pouco corrente e da arquitectura deste impresionante edificio.
" href="https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicernadascastro/galeria/albums/cpicernadascastro/userpics/10094/WhatsApp_Image_2024-04-16_at_15_01_45.jpeg" rel="lightshow[244]">
" href="https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicernadascastro/galeria/albums/cpicernadascastro/userpics/10094/WhatsApp_Image_2024-04-16_at_15_02_43.jpeg" rel="lightshow[244]">
" href="https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicernadascastro/galeria/albums/cpicernadascastro/userpics/10094/WhatsApp_Image_2024-04-16_at_17_06_55_28129.jpeg" rel="lightshow[244]">
" href="https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicernadascastro/galeria/albums/cpicernadascastro/userpics/10094/WhatsApp_Image_2024-04-16_at_17_06_56.jpeg" rel="lightshow[244]">
" href="https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicernadascastro/galeria/albums/cpicernadascastro/userpics/10094/WhatsApp_Image_2024-04-16_at_19_38_58_28129.jpeg" rel="lightshow[244]">
" href="https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicernadascastro/galeria/albums/cpicernadascastro/userpics/10094/WhatsApp_Image_2024-04-16_at_19_38_58.jpeg" rel="lightshow[244]">