Pelo, pico, pata
Enviado por ana.balsa o Mér, 13/06/2018 - 23:44
Co final de curso estamos a poñer tamén fin ao proxecto “Pelo, pico,patas”, co alumnado de 5º e 6° de infantil.
Na foto, o alumnado cos sacos de penso para cans e gatos donados por Mercadona, Eroski e Arion e que serán entregados a protectora Arca de Noia. Dende aquí o noso agradecemento e implicación a todos os profesionais que de maneira altruísta colaboraron co noso proxecto.
En total, conseguimos 166 kg de penso e os pequenos e pequenas están moi contentos!