Mes de abril. Aula e grupo gañador

Xa temos uns novos gañadores! O grupo de 2º ESO C, de tan só 5 alumnos e alumnas, veñen  de ser os gañadores do pasado mes de abril. Nesta ocasión o xurado quixo premiar a estes rapaces e rapazas polo seu tesón e esforzo á hora de mellorar unha das aulas que partía ciunha maior desventaxa respecto ás demais. A súa implicación máis a da súa titora  tivo como resultado este ben merecido recoñecemento. Parabéns aos seis!

Igualdade, Convivencia e Inclusión