Concurso fotográfico matemático

 

 

Os departamentos de Ed. Plástica e Matemáticas convocaron no 2º trimestre  o Concurso  fotográfico  matemático2015. Imos a explicalo:

En qué consiste?

Tomar unha imaxe fotográfica que faga referencia a un concepto relacionado coas Matemáticas.

Descargala e enviala ao seguinte email: concurso.fotografico.mates@gmail.com . En dito email especificarase:

1.- Título da fotografía

 

2.- Breve descrición da idea que se quere reflectir coa fotografía.

 

3.- Nome completo, curso e grupo do autor/a da mesma (só unha persoa)

 

4.- Lugar físico onde foi tomada a imaxe.

 

Unha persoa pode enviar máis dunha imaxe.

Serán automáticamente descalificadas aquelas fotografías que non sexan orixinais do autor (é dicir, descargadas da rede ou calquera outro lugar).

Quen pode e debe participar?

Todo o alumnado da E.S.O. do C.P.I. Cernadas de Castro. 

En qué datas?

O prazo para o envío de fotografías rematará o venres 9 de abril de 2.015.

Premios

Nomearase un xurado composto polo profesorado dos departamentos de Matemáticas e Plástica (organizadores do concurso) e por outros profesores de materias afíns. Valoraranse aspectos como a orixinalidade da imaxe e do título da fotografía así como a súa adecuación e a relación cos conceptos matemáticos que encerra. Para elo terase ademáis en conta o curso ao cal pertenza o autor/a da instantánea.

Os gañadores recibirán os seguintes premios:

Primeiro premio: Tablet

Segundo premio: Cámara dixital

Terceiro premio: Ipod

Nas seguintes presentacións con diapositivas podedes ver as fotografías achegadas polo alumnado. En breve coñeceremos aos gañadores. Sorte a todos e a todas!

 

 

AdxuntoTamaño
Concurso de fotografía matemática 1º ESO.pps7.5 MB
Concurso de fotografía matemática 2º ESO.pps11.26 MB
Concurso de fotografía matemática 3º ESO.pps14.41 MB
Concurso de fotografía matemática 4º ESO.pps15.36 MB

Igualdade, Convivencia e Inclusión