Febreiro 2019

Stop Motion!

O alumnado de 4º e 6º de Educación Infantil estamos inmersos na creación dunha curta de animación. Os primeiros pasos e as primeiras decisións foron escoller o conto, as personaxes, esceas...

Nestes momentos estamos a eleborar os escenarios da nosa curta.

Leo con Grin.

No mes de febreiro o alumnado de cinco anos inicia un novo proxecto ata finais de xuño, ímos afianzar a lectroescritura cunha nova ferramenta, os Ipads, tan motivador para eles. A actividade ten unha estrutura moi marcada, catro nenos xogan sós e van interiorizando os pasos a seguir, como cambiar de nivel... ata como se encende/apaga o Ipad, desprazarse polos iconos para identificar os xogos...

Unha vez que teñan interiorizado estes elementos, os titores explican, axudan... aos seus alumnos e alumnas que a súa vez serán titores doutros nenos e nenas da clase.

 

 

 

Iniciación na robótica!

Os alumnos de 6º nivel de Educación Infantil do noso centro están a realizar un obradoiro anual sobre Robótica. Realizamos varias actividades onde eles e elas tiñan que vivenciar co ser corpo os diferentes movementos destes "bichiños": paso a diante, paso atrás, a un lado e o outro.

O seguinte paso foi iniciarse na programación dos Escornabot, saber onde teño que ir para poder dirixilo.

 

Igualdade, Convivencia e Inclusión