Solicitudes de admisión
Admisión de alumnado para o curso 2023/2024
Todo o alumnado que presentou unha solicitude de admisión neste
centro para o curso 22/23 está
ADMITIDO
Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2022/2023
Fase de admisión para alumnado de nova incorporación ou cambio de centro
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:
- Solicitar o impreso na Secretaría do centro, cubrilo e presentalo de xeito manual no centro.
- Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro.
- Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica.
Nos dous últimos casos debe acceder á aplicación informática admisionalumnado e seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”, deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro. Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital.
O prazo de solicitudes abranguerá do 1 ao 21 de marzo de 2022, ambos incluídos
A consulta das listaxes de alumnado admitido, debe realizarse no centro no que se solicita a praza ou na aplicación admisionalumnado.
Fase de reserva de prazas en centros de adscrición
De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o 11 de xaneiro de 2022 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.
-
O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022, ambos incluídos
A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.
Admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos
Comunícase que está admitido todo o alumnado que presentou a solicitude no centro.
Admisión de alumnado no CPI A Xunqueira
Aviso para os/as alumnos e alumnas que presentaron reserva de praza e solicitude de admisión neste centro
todas as solicitudes foron admitidas
Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos
IMPORTANTE
Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude de admisión no centro no que solicite praza en primeiro lugar, a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe (cunha copia da solicitude de admisión) e presentar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes.