Skip to Content

Proxecto Documental Integrado - Recursos e actividades para o Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

Desde o Equipo de Biblioteca e o EDLG propoñémosvos novas actividades dentro do Proxecto Documental Integrado, desta vez para conmemorar o Día internacional para a violencia contra as mulleres, que se celebra o 25 de novembro. Trátase de traballar o tema  nas titorías a partir dos recursos que vos proporcionamos e mais da realización dun lipdub que gravaremos o día 23 de novembro e que logo distribuiremos a partir das canles habituais.

Lembrade que desde hoxe mesmo tedes na Biblioteca unha exposición sobre o tema, que inclúe a meirande parte dos libros que atoparedes na listaxe do documento que entregamos ás persoas titoras, que tamén podedes consultar a continuación:

Proxecto Documental Integrado - Actividades Samaín 2015

Dentro do Proxecto Documental Integrado que xira sobre o tema do cómic, desde o equipo de Biblioteca e de Dinamización da lingua galega querémosvos propor as seguintes actividades para conmemorar o Samaín.

No seguinte enlace, poderedes ver o documento con toda a información sobre as actividades propostas, que vos servirá tamén para acceder fácilmente aos hiperenlaces dos recursos propostos:

Ademais, tedes ao voso dispor unha presentación sobre o cómic para poder explicar as pautas básicas do tema ao voso alumnado. Podedes acceder a ela desde o seguinte enlace:

Últimos aspectos organizativos curso 2014/15 e comezos curso 2015/16

Aquí poderase consultar os últimos aspectos organizativos relativos ao curso 2014/15, así como os correspondentes á organización inicial do curso 2015/16

AdxuntoTamaño
ltimos aspectos organizativos 14,15 e inicios curso 15,16.pdf179.71 KB
Distribuir contido


Punto Laranxa contra o acoso escolar

eduCABANA

 

by Dr. Radut