Estudo dos principios, procedementos e problemas vinculados ao almacenamento de documentos. Funcións da arquivística. A teoría das tres idades. Biblioloxía. Normativa da clasificación documental.

Desenvolvemento dunha formación específica orientada á transcrición e preparación do estudo da música vocal e instrumental a través de ferramentas informáticas e bibliográficas.

Aula virtual das clases de zanfona I.

Aproximación ao concepto de patrimonio musical, delimitando o marco legal ao que está suxeito, e coñecendo as principais institucións encargadas da súa xestión. Técnicas de conservación e catalogación do patrimonio musical. O patrimonio musical como punto de partida e de referencia da actividade musical.

Coñecemento das manifestacións organolóxicas recentes. Evolución da tecnoloxía musical desde a invención do fonógrafo. Comprensión do fenómeno fonográfico no seo da historia da música recente. Coñecemento e descrición dos obxectos organolóxicos como fontes para a historia da música e a súa reconstrución sonora.

Coñecemento das metodoloxías analíticas e a súa aplicación práctica como ferramenta que permite o achegamento dende diferentes perspectivas á obra musical.

Estudo e práctica das ferramentas máis usuais para a aproximación analítica á música de tradición oral, facilitando o afondamento no coñecemento da obra musical.