Achegamento á perspectiva de xénero como obxecto e como suxeito no campo da práctica musical. Xurdimento e desenvolvemento dos estudos de xénero, impacto na reflexión musicolóxica nas últimas décadas e relación cos paradigmas hermenéuticos derivados da posmodernidade. Achegamento aos discursos desenvoltos dende o feminismo clásico ata as teorías críticas, ás categorías sexistas no campo da literatura e a práctica musical: o canon académico, os campos profesionais, a música doméstica, os xéneros musicais, a música popular, a interculturalidade ou a produción e consumo musical, entre outros.

- Teacher: Iván Abal Pulleiro
Desenvolvemento dunha formación específica orientada á transcrición e preparación do estudo da música vocal e instrumental a través de ferramentas informáticas e bibliográficas.

- Teacher: Iván Abal Pulleiro
Coñecemento dos movementos e tendencias fundamentais da historia da música occidental, a partir da análise, audición e o comentario do texto literario e/ou musical, con atención aos aspectos estilísticos, históricos e expresivos da tradición musical, e ao seu contexto cultural e social. Historia I: Antigüidade Clásica, Idade Media, Renacemento.

- Teacher: Iván Abal Pulleiro
Coñecemento das metodoloxías analíticas e a súa aplicación práctica como ferramenta que permite o achegamento dende diferentes perspectivas á obra musical.

- Teacher: Iván Abal Pulleiro
Estudo e práctica das ferramentas máis usuais para a aproximación analítica á música de tradición oral, facilitando o afondamento no coñecemento da obra musical.

- Teacher: Iván Abal Pulleiro
Estudo e análise dos fundamentos e características da etnomusicoloxía. Estudo das principais escolas etnomusicolóxicas dende a formación da disciplina ata a actualidade en perspectiva diacrónica: músicas obxecto de estudo, métodos de investigación aplicados, concepcións e crítica das diferentes posicións teóricas.

- Teacher: Iván Abal Pulleiro