I-II Estudo da análise musical do barroco e o clasicismo. Coñecemento dos recursos técnicos que permitan ao alumnado acometer de forma eficiente o estudo e profundización en partituras destes períodos históricos e, ademais, por extensión, empregar as mesmas técnicas para abordar o estudo de obras doutras épocas.

III-IV Estudo da análise musical do romanticismo e o século XX. Coñecemento dos recursos técnicos que permitan ao alumnado acometer de forma eficiente o estudo e profundización en partituras destes períodos históricos e, ademais, por extensión, empregar as mesmas técnicas para abordar o estudo de obras doutras épocas.

Estudo da análise musical do barroco e o clasicismo. Coñecemento dos recursos técnicos que permitan ao alumnado acometer de forma eficiente o estudo e profundización en partituras destes períodos históricos e, ademais, por extensión, empregar as mesmas técnicas para abordar o estudo de obras doutras épocas.

Estudo da harmonía do período da "práctica común" e a súa aplicación á escritura a catro voces. Introdución ao contrapunto bachiano e á imitación mediante a creación de pequenas formas como o canon ou a invención aplicados á elaboración de corais bachianos e á harmonización de baixos- tiples. Aproximación ás pequenas formas para piano e as texturas básicas nos tipos de acompañamento pianístico.

Estudo das novas tecnoloxías aplicadas á música. Coñecemento dos recursos técnicos que lle permita ao alumnado manipular de forma autónoma diferentes ferramentas tecnolóxicas no eido da edición de partituras, da secuenciación musical, microfonía e técnicas de gravación, procesado e difusión do son. Busca e difusión de contidos a través de redes informáticas