Convocatoria de premios a proxectos de innovación na FP 2024
Convócanse os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día 9 de xaneiro ata o 19 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.
Máis información: https://www.edu.xunta.gal/fp/convocatoria-innovacion-2024