Opcións de matriculación

<<O feminismo é a idea radical que sostén que todas as mulleres somos persoas>>  Angela Davis

O módulo de participación social das mulleres impártese no segundo curso do CS Promoción da Igualdade de xénero. Ao longo do módulo adicarémonos a explorar e xerar debate en torno á participación social das mulleres, un ámbito esencial para acadar a transformación feminista nas nosas sociedades.

Toda esta estruturación do proceso de ensino quere servir para afondar no debate feminista en torno á participación social e para buscar formas de ser e de facer alternativas de cidadanía. O feminismo supón un compromiso coas desigualdades, un camiño cara a transformación individual e colectiva, cara a denuncia política e social e sobre todo un facer desde a educación crítica, liberadora e empoderante. 

O horario do módulo é:

Luns de 10:30-11:30 contidos teóricos

Luns de 12:00-13:00 Obradoiro/Faladoiro de participación social das mulleres na clase. Imos a tratar contidos incómodos e necesarios. Elaboración dun Instagram. Convidaremos a diversas mulleres interesantes e de interés.

Miércoles de 13:00 a 15:00 Contidos teóricos e propostas de saídas ou visitas.

Xoves de 12:00 a 13:00 Clube de lectura na biblioteca.

Os convidados non poden acceder a este curso, tente acceder.