Habilidades Sociais é un módulo do Segundo Curso do Ciclo Superior de Promoción da Igualdade de Xénero. Consta de 123 horas que se distribúen semanalmente do xeito que segue:

  • Luns: 13:00h-15:00h
  • Mércores: 10:30h-13:00h (recreo de 11:30h a 12:00h)
  • Venres: 10:30h-13:00h (recreo de 11:30h a 12:00h)

Trátase dun módulo profesional de carácter transversal que contén a formación necesaria para que o alumnado adquira as habilidades sociais necesarias para desenvolver unha profesión de axuda e interactuar adecuadamente nas súas relacións profesionais con outras persoas, adaptando o seu comportamento ás características destas e ao contexto.

Este módulo corresponde ó 2º curso de Promoción de Igualdade de Xénero , ten un total de 53 horas e ten unha duración de 3 horas semanais.

A finalidade do módulo de Primeiros Auxilios é capacitar as/os alumnas/os nas técnicas básicas de primeiros auxilios ante unha urxencia e/ou emerxencia sanitaria. Aprenderemos a atender a persoa accidentada de forma precisa e oportuna, actuando de forma segura ante unha situación de tensión.

<<O feminismo é a idea radical que sostén que todas as mulleres somos persoas>>  Angela Davis

O módulo de participación social das mulleres impártese no segundo curso do CS Promoción da Igualdade de xénero. Ao longo do módulo adicarémonos a explorar e xerar debate en torno á participación social das mulleres, un ámbito esencial para acadar a transformación feminista nas nosas sociedades.

Toda esta estruturación do proceso de ensino quere servir para afondar no debate feminista en torno á participación social e para buscar formas de ser e de facer alternativas de cidadanía. O feminismo supón un compromiso coas desigualdades, un camiño cara a transformación individual e colectiva, cara a denuncia política e social e sobre todo un facer desde a educación crítica, liberadora e empoderante. 

O horario do módulo é:

Luns de 10:30-11:30 contidos teóricos

Luns de 12:00-13:00 Obradoiro/Faladoiro de participación social das mulleres na clase. Imos a tratar contidos incómodos e necesarios. Elaboración dun Instagram. Convidaremos a diversas mulleres interesantes e de interés.

Miércoles de 13:00 a 15:00 Contidos teóricos e propostas de saídas ou visitas.

Xoves de 12:00 a 13:00 Clube de lectura na biblioteca.

O módulo Intervención socioeducativa para a igualdade impártese no 2º curso do CFGS de Promoción da Igualdade de Xénero e ten unha duración de 105 horas que se distribúen do xeito seguinte:

  • Luns de 09:30h a 13:00h (recreo de 11:30h a 12:00h)
  • Venres de 08:30h a 10:30h

Trátase dun módulo que desenvolve competencias profesionais, persoais e sociais relacionadas con programar, organizar, desenvolver e avaliar accións de intervención socioeducativa  en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero.