Neste curso, de inicio, se estudan os fundamentos da termodinámica e do transporte  de calor para abordar o estudo de instalacións térmicas. Despois se estudan os fundamentos da mecánica de fluídos aplicada ao cálculo de instalacións de transporte de fluídos incompresibles e das máquinas hidraúlicas. Máis adiante se estudan as máquinas térmicas de ciclo inverso ou frigoríficas e bombas de calor. Despois na derradeira parte do curso se estudan as instalacións de produción de calor, as instalacións de climatización de refrixeración ou aire acondicionado así como as redes de distribución de aire, e por último, as instalacións de protección contra incendios.