O Proxecto Abalar e o Software Libre

O Proxecto Abalar é a denominación que recibe o proxecto integral de introdución de tecnoloxías da información e da comunicación nos centros de ensino de Galicia. Este proxecto nace coa concreción para a Comunidade Autónoma de Galicia do programa Escuela 2.01.

O deseño técnico do proxecto está baseado en ferramentas de software libre, o que ofrece moitas e importantes vantaxes. Este informe pretende xustificar, tanto dende un punto de vista técnico, como pedagóxico a decisión adoptada.

1http://www.ite.educacion.es/es/escuela-20

Prema na ligazón 20110926_software_libre_e_proxecto_abalar.pdf para ver o ficheiro.