Entrevista
Requisitos do completado
Data inicio: luns, 26 de outubro de 2020, 12:00 AM
Data límite: domingo, 8 de novembro de 2020, 12:00 AM
A derradeira actividade que deberás entregar nesta quincena para o proxecto da radio de aula é unha entrevista que lle farás a algún familiar que ti escollas.
Algúns consellos antes de comezar:
- Non fagas máis de 10 preguntas.
- Escolle temas relevantes para preguntar, por exemplo, cuestións sobre a profesión do entrevistado, experiencias vitais, aspectos polos que destaque ou que sexan do interes dos nosos ouvintes, etc.
- Fai que o entrevistado se sinta cómodo e dálle o protagonismo na entrevista.
- Comeza cunha breve introducción onde o presentes á audiencia. NON ESQUENZAS DICIRNOS QUEN É!!!
- Remata a entrevista despedíndote del e agradecendo que te conceda a entrevista para a túa radio.
Cando a teñas gravada, deberás cambiar o nome do arquivo do seguinte xeito: ENTREVISTA-(Nome e apelidos).