Que son as licenzas Creative Commons?
Se a lei por defecto establece todos os dereitos reservados (copyright), as licenzas Creative Commons indican só algúns dereitos reservados.
Sobre que elementos da Lei de Propiedade Intelectual se estructuran as licenzas Creative Commons?
As licenzas de autor libres establecen determinados usos sobre os dereitos de tipo económico (reprodución, distribución, comunicación pública e transformación).
Que autorizacións establecen as licenzas Creative Commons sobre os dereitos de explotación económica?
- O usuario é libre de reproducir a obra (copiala)
- O usuario é libre de distribuír a obra
- O usuario é libre comunicar publicamente a obra
Nestes casos o autor resérvase o dereito de decidir se o usuario pode ter ánimo de lucro ou non no uso que faga da súa obra (NC e ND). Ademais, o autor tamén se reserva o dereito de establecer unha condición sobre a licenza que o usuario debe poñer á súa obra (SA, xa como autor).
Que elementos de licenza (condicións para a autorización do uso das obras) entran en xogo?
Partindo de catro elementos de licenza existen seis tipos de licenza Creative Commons diferentes.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Cantos tipos de licenza Creative Commons existen?
Coa combinación dos tres elementos de licenza sobre os que o autor pode establecer autorizacións (NC, ND e SA), pódense construír seis licenzas diferentes.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Que licenza debo utilizar?
Para cada obra o autor pode decidir unha licenza diferente, aínda así, chegar a un acordo sobre cal é a mellor licenza a utilizar por todos simplifica a identificación dos posibles usos que sobre unha obra se poden realizar.
Cales son as licenzas máis utilizadas en educación?
En educación o tipo de licenza libre máis utilizado é a Licenza Creative Commons BY-NC-SA, aínda que xa existe experiencia e documentación ao respecto que desaconsella utilizar o condicionante NC, como podemos ver no documento "Los argumentos a favor del uso libre: Razones por las que no usar una licencia Creative Commons -NC" [1], sendo ounha posible opción a licenza BY-NC.