Algún concepto previo, as obras orixinais e as obras derivadas.

Cando falamos de licenzas (autorizacións) de uso sobre obras creativas debemos diferenciar entre "obra orixinal" e "obra derivada".

Unha obra orixinal é a que o autor crea sen utilizar ningunha outra obra concreta.

Unha obra derivada é a que se crea a partires dunha obra, ou obras, existentes. Esta debe garantir os dereitos de autor da obra orixinal.

Que son os dereitos de autor?

Cando unha persoa crea unha obra adquire automaticamente dereitos de autor. Trátase da titularidade (propiedade) sobre esa obra e sobre os usos que sobre a mesma pódense realizar.

As obras adquiren dous tipos de dereito:

  • Propiedade moral: decide sobre en que forma é divulgada a obra, o recoñecemento e o respecto á integridade do autor. É un dereito irrenunciable e inalienable.
  • Propiedade económica: comprende a reprodución, distribución e comunicación pública e transformación. Estas non poden realizarse sen a autorización do autor.

Que son as licenzas de autor?

As licenzas de autor son os permisos que os propios autores establecen sobre os dereitos de explotación económica dos que eles mesmos son propietarios, xa que os dereitos de tipo moral non se poden xestionar.

Que poden facer terceiras persoas en relación á propiedade económica das miñas obras?

A Lei de Propiedade Intelectual [1] define que, se o autor non expresa o contrario, os dereitos de explotación económica están reservados ao autor. Isto é o que se coñece como "Todos os dereitos reservados", tamén chamado Copyright.

En consecuencia, a resposta á pregunta deste parágrafo é: nada.

  • Se eu son autor de unha obra, e non indico nada cando a poño a disposición dos demais, automaticamente adquire Copyright e ninguén pode facer nada con ela.
  • Dito de outra forma, se o autor non indica de algún xeito os usos que podemos facer das súas obras, nós non poderiamos: reproducila, distribuíla, comunicala publicamente ou transformala.

Como podo indicar que quero permitir determinados usos das miñas obras?

Para indicar que quero permitir determinados usos das miñas obras utilízanse as licenzas, que non deixan de ser permisos (autorizacións) aos que facemos referencia para definir eses usos.

Existen licenzas pechadas, como un contrato privado entre o autor e o usuario final, onde pode existir un beneficio económico. Pero tamén existen licenzas libres, onde o autor indica que calquera pode realizar determinados usos das obras. É aquí onde entran en xogo as licenzas Creative Commons

[1] Real Decreto Legislativo 1/1996, de 12 de abril, por el que se aprueba el Texto Refundido de la Ley de Propiedad Intelectual, regularizando, aclarando y armonizando las disposiciones legales vigentes sobre la materia http://civil.udg.es/normacivil/estatal/reals/lpi.html


Última modificación: Thursday, 21 de July de 2016, 13:11