Tarefa 3. Construe un libro de cualificacións

Descrición:

Nesta tarefa crearemos un libro de cualificacións.

As características deste libro serán:

  • Terá tres avaliacións.
  • Cada avaliación avaliará exames, tarefas e comportamento actitudinario, de maneira ponderada, correspondéndose exactamente coas porcentaxes que tedes no apartado 5.- Criterios de cualificación, que tedes recollido na programación do módulo que estades empregando para construír a aula virtual.
  • Na categoría “exames” de cada avaliación, moodle elixirá do conxunto de exames que compoñen esta categoría a nota mais alta
  • Na categoría “tarefas” de cada avaliación, moodle elixira a nota media de todas as posibles tarefas incluídas na categoría.
  • A nota final será a media das tres avaliacións.

Recorda que na aula virtual "ApoioMoodle" existe un foro específico para comentar calquera dúbida que teñas sobre esta tarefa. Se tes calquera dúbida utilízao, desta maneira as túas dúbidas axudarán aos teus compañeiros. Recordade tamén que calquera pode responder a dúbida dun compañeiro. Participade no foro, permitirame valorar mellor os vosos coñecementos

Recorda que a data límite para a entrega desta tarefa é o 18 de Xullo ás 15.00 horas.