Tarefa 2. Crea un banco de preguntas.

Descrición:

Nesta tarefa crearemos un banco de preguntas para utilizar posteriormente nos cuestionarios.

As características deste banco de preguntas serán:

  • Crea as categorías e sub-categorias necesarias para replicar a programación dun dos módulos que cargaches no sistema de xestión de programacións do portal educativo da Xunta de Galicia.
  • Crea dúas preguntas de cada unha das categorías existentes, (a excepción de calculada e cloze). Para crear estas preguntas utiliza unha das macros que tes cargada na aula.
  • Carga o arquivo *.txt, xerado coa macro na túa aula virtual, nun cartafol que crearas co nome de "tarefa 2"
  • Distribúe as preguntas nas categorías e sub-categorias creadas previamente da maneira que consideres adecuada.

Recorda que na aula virtual "ApoioMoodle" existe un foro específico para comentar calquera dúbida que teñas sobre esta tarefa. Se tes calquera dúbida utilízao, desta maneira as túas dúbidas axudarán aos teus compañeiros. Recordade tamén que calquera pode responder a dúbida dun compañeiro. Participade no foro, permitirame valorar mellor os vosos coñecementos

Recorda que a data límite para a entrega desta tarefa é o 18 de Xullo ás 15.00 horas.