Esquema de temas

  • PRESENTACIÓN

  • O PATRIMONIO COMO RECURSO DIDÁCTICO

    - Presentación e posta en común das experiencias dos/as participantes sobre a educación patrimonial.
    - Presentación audiovisual para situar os conceptos clave e referencias teóricas entorno a educación e o patrimonio histórico/artístico.
    - Mostra de experiencias significativas (webs de contacto) de referencia na nosa contorna no ambito da educación formal e non formal.
    - Recursos educativos para aplicar á visita didáctica (xogos, álbum ilustrado, guías, cómic...). Materiais específicos  e recursos.
    - Presentación do traballo a desenvolver. Deseño dun proxecto educativo a partir dun contido extraído dunha das visitas realizadas, para a creación fin Banco de recursos versátil. Indicarase un guión de traballador (pode ser grupal) e un formato de presentación a modo resumo para expoñelo na última sesión de traballado.
  • PARQUE ARQUEOLÓXICO DA ARTE RUPESTRE (CAMPO LAMEIRO)

     O departamento de didáctica PAAR fará unha pequena presentación da nosa oferta didáctica 2017/2018 de media hora de duración, dende o seu deseño ata o seu desenvolvemento o pasado curso escolar. Despois faremos dous grupos en función do perfil do profesorado (Primaria e Secundaria) establecer un diálogo arredor das posibilidades da Arte Rupestre, Arqueoloxía e a Didáctica. Por outra banda deixamos aberta outra porta para que os profesores aporten os seus coñecementos, concibindo esta actividade formativa coma un “workshop” coa idea de rachar coa artificial fronteira entre o Centros de estudo e o Centros de Interpretacións.

  • FUNDACIÓN MANOLO PAZ E RUíNAS DE SANTA MARIÑA (CAMBADOS)

    imaxe do cemiterio de sta. maría e da fundación manolo pazA visita á Fundación será guiada polo escultor Manolo Paz, a Fundación acolle o seu taller e un espazo dedicado á exposición da súa obra, conxuntando arte e natureza.Pódese ver representación de obras de diversos periodos. Está situada no esteiro do Umia, o que nos mostra unha paisaxe de extraordinaria beleza. A filosofía da Fundación tamén é acercar dun xeito didáctico, dende idades temperás, a arte contemporánea ás novas xeracións, a través de visitas escolares, obradoiros.

  • MUSEO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

    O equipo do Gabinete Didáctico do Museo de Pontevedra daralles a benvida da man dunha das súas responsables, Paula Tilve Otero, quen presentará a grandes trazos o traballo que realizan desde o museo dentro da educación non formal. A medida que iremos visitando as diferentes coleccións dispostas nos edificios Sexto e Sarmiento do museo, iremos descubrindo a metodoloxía de traballo de cada unha das actividades e percorridos deseñados para o alumnado de educación primaria, secundaria e bacharelato: desenvolvemento da idea, deseño, procedemento, avaliación … Isto inclúe mostrar o material didáctico do que dispón o museo, a aula taller e todos os recursos pedagóxicos que poden ser de utilidade para as e os mestres e o profesorado. A nosa intención é que se estableza un diálogo entre os educadores do museo e o grupo de docentes, de forma que aprendamos todos e todas uns dos outros, de aí que deixemos unha marxe de tempo para o coloquio, o debate e a resolución das posibles dúbidas que xurdan.

    Algunhas das seccións do museo que imos visitar desde esta perspectiva da museografía didáctica son: a prehistoria e a historia antiga, arte galega do gótico á contemporaneidade (neste momento os fondos prerrománicos e románicos non están expostos), Castelao, Sala de Manuel Quiroga, arte doutras rexións de España - en diálogo coa arte galega (do gótico ao século XX)- e Sargadelos.

  • MUSEO MASSÓ (BUEU)

    O Museo Massó encóntrase instalado nas naves industriais da antiga conserveira Massó Hermanos, nas inmediacións do porto de Bueu, na ría de Pontevedra e en pleno corazón da península do Morrazo.  A idea de crear un museo foi suxerida por Guillermo Marconi durante a visita que realizou en 1928 á Fábrica de conservas Massó. No domicilio da familia quedou sorprendido pola colección de instrumentos de navegación, documentos e libros antigos, obxectos curiosos e maquetas de barcos históricos. Seguindo o seu consello, os irmáns Massó levantaron unha planta sobre o máis antigo edificio da fábrica, e en 1932 nacía o Museo Massó.