Obradoiro para descubrir as posibilidades da escritura no desenvolvemento persoal, académico e profesional a través da técnica da escritura expresiva.

OBXECTIVOS CONTIDOS

1.Achegar ao profesorado as posibilidades e recursos didácticos existentes nos museos e no patrimonio histórico-artístico do contorno próximo.

2.Desenvolver competencias profesionais cara á selección, utilización e elaboración de actividades didácticas empregando os recursos ofertados polas instancias culturais da contorna.

3.Coñecer diferentes propostas metodolóxicas en relación co aproveitamento didáctico das visitas e itinerarios histórico-artísticos, así como coa súa integración no currículo escolar.

1.Presentación monográfica dos recursos didácticos dos diferentes museos e do patrimonio histórico-artístico do contorno próximo. Características e peculiaridades. 

2.A multidisciplinariedade nas visitas museísticas e nos itinerarios histórico-artísticos. 

3.Orientacións para a elaboración de guías didácticas de aproveitamento dos museos e da riqueza patrimonial da contorna. 

4.Bases para a planificación dunha visita didáctica: contexto curricular, obxectivos, contidos, estándares de aprendizaxe, desenvolvemento de competencias e avaliación.