Xeral
- CURSO XADE-TITORÍAS (A CORUÑA, ABRIL 2011)
Os seguintes exercicios están pensados para o curso Xade-Titorias, que se celebra o CFR da Coruña, nas datas 11, 13, 14 e 27 de abril do 2011.Terán como referencia os manuais de proceso de Xade, que se atopan publicados no menú de AXUDA da aplicación.
Estes exercicios están pensados para familiarizarse ca aplicación e non deben ser realizados nunca sobre un centro real.
Sempre que non se indique o contrario utilizarase o centro ficticio: Centro Probas 119, con código 22000119. Pódese acceder ó Centro de Probas Secundaria 119 na seguinte dirección:
www.formacion.edu.xunta.es/xade
Ningún dos asistentes deberá :
- Darse de alta como secretario ou director, nin dará de baixa a estes.
Cada asistente terá en conta que a aplicación funciona en rede, polo que os cambios que realice no devandito centro, afectarán a tódolos demais asistentes ó curso.
Cada asistente ten que traballar unicamente sobre o apartado do exercicio, curso ou grupo que ten asignado en cada unha das practicas que aquí se describen.