Deportes

CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS. XOGADE 2015/16

      Un ano máis, participamos na carreira de Campo a Través do Deporte Escolar celebrada en Negreira.

      Preto de 1000 participantes e 12 colexios démonos cita no circuito da localidade nicrariense. O resultado non puido ser mellor: actividade física, esforzo, compañerismo e moita diversión. Ata nos trouxemos dúas medallas na categoría alevín femenino.

 

Campo a través Negreira 2014

Un ano máis fomos invitados a carreira escolar máis importante de Galicia, a que organiza a ADE Escolarix xunto coa Secretaría Xeral para o Deporte.

Preto de 1000 nenos/as tomaron parte o mércores 03 de decembro, en Negreira, dunha proba cun nivel moi esixente e na que participaron 12 colexios.

Os nosos nenos/as pasárono en grande , xa que o tempo acompañou e non nos choveu nada. Ademáis, este ano trouxémonos dúas medallas en categoría benxamín femenino.

COMEZOU O TORNEO DE NADAL DE BÁDMINTON

Neste mes de decembro, os alumnos/as de 5º e 6º comezaron o torneo de Nadal de bádminton do colexio.

Teñen competición tanto individual como por parellas, na que o importante é esforzarse ao máximo e pasalo ben.

Moito ánimo e sorte para todos/as!!!!!

Día da BICICLETA 12-13

Este ano saímos a encher os pulmóns de aire puro, co noso casco,

chaleco refrectante, auga... e moitas ganas de facer deporte e pasalo ben!

Dimos unha boa volta pola zona, dende Valga ata Vilarello, e chegamos... como puidemos!

ALMORZOS SAUDABLES

Xa volveron as xornadas de almorzos saudables!

Nestes almorzos do primeiro trimestre puidemos coñecer

as vantaxes de tomar un almorzo composto por:

leite, croissant, torrada con manteiga e marmelada e froita!

Carreira de Campo a Través en Negreira (2011-12)

Os peques da carreira

Unha bonita experiencia na que puidemos coñecer nenos de outros coles, facer deporte, ganar algunha medalla, e pasalo bomba!  Máis fotos na galería...

BLOG de Educación Física

Auqí podes facer comentarios, opinar sobre o deporte...

Pincha no debuxo para entrar!

www.blogoteca.com/educacionfisicaferrocouselo

Powered by Drupal - Design by artinet