Reparto MÁSCARAS para o alumnado (Orde 6 novembro)

 A Xunta establece que os centros repartirán máscaras entre o alumnado con rentas máis baixas.

 O procedemento para resolver quen é beneficiario das máscaras é o mesmo que para participar nas axudas de material e libros de texto 2020-21 (Fondolibros), e terían dereito a recibir as máscaras o alumnado cunha renta familiar per cápita menor a 6.000 €, que é o mesmo alumnado ao que se lle concedeu a axuda para material (o cheque de 50 €).

 Polo tanto, o alumnado que este ano foi beneficiario da axuda para material na convocatoria das axudas (Fondolibros), non terá que facer ningún trámite e serán beneficiarios das máscaras.

Serán entregadas 4 máscaras por alumno beneficiario, reutilizables (nº de lavados suficiente para cubrir os días lectivos restantes do curso), sen logotipos, e que cumpran as normativas establecidas.

 Toda a información está nesta Orde do 6 de novembro.

 Atentamente,

 a dirección

 

Powered by Drupal - Design by artinet