CHARLA COLOQUIO SOBRE CIBERACOSO

Este xoves 10 de maio terá lugar no centro unha charla coloquio sobre ciberacoso: novas tecnoloxías e internet. Será impartida por David Cereijo Graña, cooperante do Instituto Nacional de Ciberseguridade.

Entroido 2017-18 "CONTOS DE SEMPRE"

Este curso adicamos o Entroido aos CONTOS clásicos. Cada curso realizou un espectáculo para dramatizar o seu conto.

As familias estiveron convidadas a compartir con nós esta celebración. Quedou fenomenal! Aquí podedes ver os bailes!

 

A BIBLIOTECA DE RENATA

Esta é a nosa biblioteca:

 

O colexio leva anos participando no Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares (PLAMBE), polo que recibimos anualmente fondos para mercar novos libros... A cambio, dende a biblioteca promovemos actividades divertidas encamiñadas ao fomento da lectura, á investigación, ao reforzo das asignaturas...

 

RESULTADOS DA CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS. XOGADE 2017

No arquivo adxunto tedes os resultados das carreiras das diferentes categorías.

CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS. XOGADE 2017

Circuito

Este xoves 16 de novembro imos participar na fase zonal de campo a través do programa Xogade de deporte en idade escolar. Organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte e a Asociación Terras do Ulla - Umia, este curso celébrase en Catoira.

Desde as 10:30 h da mañán, correremos nun circuito situado enfrente das instalacións do clube de piragüismo.

VISITA DE AILINA DA MARTA

Tivemos unha visita moi especial no colexio. Ailina da Marta é unha topógrafa mozambiqueña invitada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade para coñecer as infraestruturas do noso pais.

AVISO IMPORTANTE: RECOMENDACIÓNS SOBRE A SAÍDA DOS ALUMNOS/AS ESCOLARIZADOS NOS CENTROS EDUCATIVOS PÚBLICOS

 Segundo instrución conxunta 9/2017 sa Secretaría Xeral Técnica e da Dirección de Centros e Recursos Humanos, pola que se establecen recomendacións sobre a saída dos alumnos/as escolarizados nos centros educativos públicos da comunidade autónoma galega ao remate do horario lectivo e sobre a recollida deles nas paradas establecidas no transporte escolar.

LISTADO DEFINITIVO DO FONDO DE LIBROS PARA O CURSO 2017/18

No arquivo adxunto poderedes consultar o listado definitivo do fondo de libros do centro para o curso 2017/18. Nel aparecen os libros que o centro lle vai a dar a cada alumno/a.

LISTADO PROVISIONAL DO FONDO DE LIBROS

Publicamos o listado provisional do fondo de libros do centro. Nel aparece o número de libros que se lle conceden a cada neno/a, non os libros en concreto que se lle dan a cada un. Cando publiquemos o listado definitivo xa aparecerán os libros concretos que leva cada neno/a.

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2017/18

No arquivo adxunto poderedes consultar a lista de libros de texto para o curso 2017/18.

Powered by Drupal - Design by artinet